Plage
Praia das Bólas
Pontedeume · A Coruña
A praia de Ver é unha praia situada na parroquia de Boebre, no concello coruñés de Pontedeume. Está situada nun contorno semiurbano por mor da construción na década de 1970 dunha urbanización de pisos e apartamentos, con hotel e cafetería, a escasos metros da praia. En cumprimento da Lei de Costas, o hotel e maila cafetería foron derrubados en 2008. Dispón de duchas de auga doce, e na súa contorna hai dous campings que abren en temporada estival, unha tenda de alimentación e unha cafetería. Debido a que está ben protexida dos ventos e que as súas augas son tranquilas, está moi concorrida no verán. Está comunicada coa capital do concello mediante un servizo regular de autobuses.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- BERa 513 mCentro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo
- Boebre (colexio)a 685 mCentro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo
- Boebrea 763 mPontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-O Andel
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.