Plage
Plage de Aguete
Marín · Pontevedra
A praia de Aguete é unha praia galega localizada no municipio de Marín, na provincia de Pontevedra. Ten unha extensión de 920 metros e está localizada na ría de Pontevedra, a 10 km de Pontevedra.
Descrición
É unha praia de media cuncha na ría de Pontevedra, preto da vila de Marín. Nas proximidades fica o porto de Aguete, onde moitos barcos están ancorados, así como o porto deportivo de Aguete e o Real Club de Mar de Aguete. A area é dourada e a praia está protexida dos ventos, con augas calmas e axeitadas para deportes acuáticos: esquí acuático, vela, moto acuática, wíndsurf e patín de pedais. A praia conta coa distinción de Bandeira Azul.
Acceso
Desde Pontevedra, pódese tomar a estrada costeira PO-12 e PO-11 en dirección a Marín. En Marín, tómase a estrada PO-551 e, no final da área cercada da Escola Naval, a pequena estrada que leva á praia.
Galería de fotos
Outros artigos
Marín Ría de Pontevedra Rías Baixas Praia de Mogor Praia do Lérez Praia de Portocelo
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- AGUETE (PRAIA)a 219 mPontevedra E.A.-Aguete (praia) · Pontevedra E.A.-Aguete (praia) · IES Chan do Monte-Bar Remiñoto · IES Chan do Monte-Bar Remiñoto
- Seixo (gasolineira)a 283 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A.
- Seixo (gasolineira)a 288 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · IES Chan do Monte-Torre · IES Chan do Monte-Torre
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.