Plage

Rio Sieira

O Porto do Son · A Coruña

Rio Sieira

A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello do Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.

Características

Trátase dunha praia de ámbito virxe de case 1 km de longo e uns 28 m de anchura, na desembocadura do río Sieira, ao que se debe o seu outro nome, de Boca do Río. É unha praia illada, sen paseo marítimo, principalmente composta por rochas e area fina, branca e dourada. Ao estar formada na desembocadura do río Sieira, provocou a aparición dun sistema lagunar que permite bañarse tamén en auga doce e moito máis tranquila que a da praia propiamente dita. O seu nivel de ocupación, na temporada estival, é medio.

Acceso

Desde O Porto do Son, pola estrada AC-550, en dirección a Ribeira. Posúe dous accesos: un pola súa marxe dereita, que corresponde á parroquia de Caamaño, e outro pola marxe esquerda, que corresponde ao lugar da Coviña, na parroquia de Xuño.

Accesibilidade

Hai unha parada de autobús interurbano a 200 m da praia. Tamén pode accederse en coche, xa que hai aparcadoiro, non vixiado, nas proximidades da praia.

Servizos

Dispón de servizo de vixilancia durante o verán (Protección Civil). Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu