Plage
Praia de Rodas
Vigo · Pontevedra
A praia de Rodas é a de máis extensión das Illas Cíes situada na Illa de Monteagudo (ou illa do Norte). A praia fai unha media lúa de area branca e augas azuis e verdes que pecha a pequena lagoa dos Nenos de augas transparentes que separa as illas de Monteagudo e do Faro. Nos extremos da praia hai piñeiros que chegan ata á area. Dende Vigo, Baiona ou Cangas de Morrazo chégase por barco en menos dunha hora. As Cíes pódense visitar de xuño a setembro e os fins de semana con bo mar. Hai límite de 2200 visitantes diarios. No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas como a "praia máis fermosa do mundo". == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Illas Cíes === Ligazóns externas === Praia de Rodas en Turgalicia.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗