Plage
Os Bloques
Ribadeo · Lugo
Photo: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Plage en Espagne, à 8 m d'altitude, à 655 m du Camiño do Norte.
A praia dos Bloques é unha praia de Ribadeo situada na ría homónima. Está no lugar da Vilavella, ao sur do porto de Mirasol e preto da vila de Ribadeo, cara ao interior da ría. Está resgardada por un esporón construído paralelo á costa que é, segundo Isidoro Asensio Amor, a causa de que se acumule limo no fondo e pareza ocupar toda a extensión da ría cando baixa a marea. É unha praia portuaria semiurbana e de augas tranquilas, relativamente arredada dos circuítos turísticos habituais, polo que goza dun nivel de ocupación xeralmente baixo, ao que tamén contribúe a ausencia de servizos de hostelaría na contorna. Dotada de area fina e dourada, ten unha lonxitude de 120 m e unha anchura media de 25 m. Ten sinalización do estado do mar e papeleiras para a recollida do lixo. No verán dispón de servizo de salvamento, duchas e baños, mais non está recoñecida con bandeira azul. Ten tamén un pequeno aparcadoiro próximo e unha extensa zona de herba aos lados.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Praia de area dourada
Le sol Sable
Longueur 100 m
Altitude du point ≈ 8 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Ribadeo, à 786 m
Chemin de Saint-Jacques Camiño do Norte, à 655 m
Habitants de la commune 9 996 (2025) · IGE
Y aller en bus
- A Vilavellaà 104 mRibadeo E.A.-Cima de Vila (Arante) · Ribadeo E.A.-Cima de Vila (Arante)
- CEIP GREGORIO SANZà 835 mRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña)
- CEIP GREGORIO SANZà 877 mRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno) · Ribadeo E.A.-Cima de Vila (Arante) · Ribadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno) · Ribadeo E.A.-Cima de Vila (Arante)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
