Aire protégée
Réserve de biosphère de la région d'Allariz
Allariz · Ourense · 2005
.jpg?width=640)
A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes á provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas. == Xeografía == A reserva da biosfera está formada por unha ampla depresión morfotectónica semiendorreica de fondo plano, cunha altitude media de 600 m, por onde discorre o río Limia, e rodeada dun rebordo montañoso do que destaca na súa parte Norte o macizo granítico de Allariz, por onde discorre encaixado o río Arnoia. O rango altitudinal abranguido oscila entre os 425 e os 927 m. O sitio ten unha grande importancia bioxeográfica, pois é un territorio fronteirizo entre as dúas grandes rexións cronolóxicas que existen na Península Ibérica, como son o mundo Mediterráneo e o Eurosiberiano. == Demografía == A poboación non chega aos 10.000 habitantes. Está altamente concienciada respecto a un modelo de desenvolvemento sostible impulsado dende hai máis de 15 anos na Reserva e que elevou substancialmente o seu nivel de vida, e supuxo un importante elemento de ordenación territorial dende hai tempo. == Flora e fauna == A riqueza e variedade de hábitats que se atopan no territorio permite a existencia dunha alta diversidade faunística, con especies vulnerables ou en perigo de extinción en Galicia. Nesta zona predomina o bosque plano caducifolio de zonas mornas con mosaico de prados e canles de auga, e unha longa historia de presenza humana con transición cara a ecosistemas mediterráneos. Na Reserva existen paisaxes sobresaíntes, multitude de sitios arqueolóxicos romanos e prerromanos, con zonas de montañas de baixa altitude arborizadas e zonas húmidas (Lagoa de Antela) de grande importancia. Entre a fauna de vertebrados cabe destacar o lobo, a londra, poboacións de aves acuáticas de importancia e un alto índice de formas, sobre todo de anfibios, que constitúen endemismos ibéricos. == Zonificación == A zonificación da reserva levouse a cabo a partir de dunha coidadosa análise que tivo en conta a investigación científica, a opinión da poboación, as cuestións socioeconómicas, a lexislación vixente, requirimentos do Programa o Home e a Biosfera e outra serie de cuestións pertinentes. Deste xeito establecéronse tres tipos de zonas: Núcleo, Tampón e de Transición. === Núcleo === Constitúe o 0,7% da reserva, o que son unhas 149,2 has, compostas por aqueles lugares nos que é posible atopar ecosistemas naturais menos alterados e cun maior grao de conservación. ==== Allariz ==== O Briñal ou Escadas: 13 Has dun tramo ben conservado da vexetación de ribeira do río Arnoia. O Canelar: 63 Has na confluencia dos regatos de Fontes e do Canelar. O Foxo Vello: Zona ás beiras dun regato, que ocupa 1 Ha. ==== Rairiz de Veiga ==== Veigas de Ponteliñares: 51 Has. Reduto da paisaxe anterior ao desecamento da Lagoa de Antela. A Carballa da Saínza, cunha extensión de 1 Ha, acolle un exemplar de carballo con nome propio, “A carballa da Saínza” ou “da Rocha”. Foi declarada monumento natural. Castro de Castrelo, Rairiz de Veiga: 8 Has. Área de interese patrimonial. Castro de San Miguel, de 3.5 Has. Área de especial interese patrimonial alén de ser un magnífico observatorio das Veigas de Ponteliñares. ==== Vilar de Santos ==== O Ruxidoiro: 7.7 Has. Concentración de enterramentos prehistóricos e ecosistemas de bosque autóctono ben conservado constituídos por carballos centenarios. === Tampón ===…
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Allariz (A Barreira)a 220 mAllariz (A Barreira)-As Casas Novas
- ALLARIZa 264 mOurense E.I.-Verín E.A. · Ourense E.I.-Verín E.A. · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Allariz-Ourense E.I. · Allariz-Ourense E.I. · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz
- IES de Allariza 273 mCOEDO-IES DE ALLARIZ · Corvillón (marquesiña)-Allariz · Tosende-Allariz · Coedo-IES de Allariz · Corvillón (marquesiña)-Allariz · Tosende-Allariz
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
- Ecoespazo do RexoPlace
- Santuario de Santa María de Vilar de FloresÉglise de pèlerinage
- Igrexa de Santiago de AllarizÉglise
- Museo Galego do XogueteMusée
- Museo de Arte Sacra de Santa ClaraMusée
- Parque etnográfico do río ArnoiaMusée
- MIAS (Museo Iconográfico de Arte Sacra de Allariz)Musée
- Villa de AllarizEnsemble historique (Espagne)