Dolmen

Roza das Modias

Vilalba · Lugo · -249

Roza das Modias

A necrópole megalítica da Roza das Modias foi unha necrópole de mediados do III milenio a. C. atopada en Alba, Vilalba. == Características == Tres dos sete túmulos, en diferentes graos de conservación, presentaban gravados realizados sobre lousas xistosas. === Túmulo A === A cámara poligonal do túmulo A presenta gravados oscilantes en catro das sete lousas, representando o que podería tratarse de serpes, que tamén poden relacionarse coa plasmación de imaxes obtidas en visións alucinatorias. Estes gravados que só poderían ser vistos polos mortos están relacionados coas ideas relixiosas características da cultura megalítica. Ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011. == Galería == == Notas ==

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu