Sanctuaire
Santuario da Nosa Señora das Ermidas
As Ermidas · O Bolo · Ourense

Photo: Ramon Piñeiro · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Église espagnole, à 520 m d'altitude, à 11 km de A Pobra de Trives.
O Santuario de Nosa Señora das Ermidas é un templo relixioso de arquitectura barroca situado na parroquia das Ermidas (O Bolo) e pertence eclesiasticamente á diocese de Astorga. Está declarado Ben de Interese Cultural. A súa arquitectura resalta ao asentarse no reborde dunha rochosa e empinada montaña. Atópase nunha profunda garganta do río Bibei, nunha localización privilexiada pola beleza da súa paisaxe.
Arquitectura
A fachada do Santuario foi edificada entre 1713 e 1726 por Juan Martínez Pita; pouco posterior a ela é o Vía Crucis construído en 1730 e composto por 14 capelas que contiñan 62 estatuas. O exterior dos fornelos preséntase moi sinxelo, pola contra o interior está decorado con esculturas que representan a Paixón de Cristo, seguindo o modelo do Bom Jesus do Monte de Braga edificado en 1723. E como para o Sacro Monte portugués algunhas capelas foron asociadas a unhas fontes. Trátase de obras figurativas únicas no seu xénero, non só en Galicia, porque a idea de reproducir "de verdade" as estacións da Paixón de Cristo expresouse en España maiormente nos grupos de estatuas que se sacan en procesión con ocasión da Semana Santa.
Galería de imaxes
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Monumento · Santuario
Dédié à Santa María
Protection Ben de Interese Cultural
Altitude du point ≈ 520 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche A Pobra de Trives, à 11 km
Habitants de la commune 784 (2025) · IGE
Y aller en bus
- AS ERMIDASà 230 mAs Ermidas-O Bolo (praza) · As Ermidas-O Bolo (praza)
- As Hermidasà 788 mA Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · Viana do Bolo E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · Viana do Bolo E.A.-Freixido-O Barco de Valdeorras
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.

