Église de pèlerinage

Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo

Baños de Molgas · Ourense · 1768

Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo

O Santuario de Nosa Señora dos Milagres e un templo relixioso situado no Monte Medo, en Baños de Molgas. Foi construído entre 1731 e 1768. O proxecto de edificar a Vía Sacra para completar o santuario existente só se realizou parcialmente coa construción de seis capelas. Inicialmente estaba prevista a construción de catorce capelas, tendo como modelo o Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Porén, as más condicións económicas do santuario non permitiron concluír o complexo. As estacións foron edificadas entre 1825 e 1857 baixo a administración de José Benito Conde, segundo o deseño do escultor Antonio Gómez e realizadas polo mestre Jacinto Fraga.

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaSite officielItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu