Montagne
Serra da Queixa
Manzaneda · Ourense
A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1.781 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1.775 m, Os Toleiros con 1.734 m e mais O Seixo con 1.706 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗