Tour
Torre de Milmanda
O Alcázar de Milmanda · Celanova · Ourense
Il n'y a pas encore de photo de Torre de Milmanda
Si vous en avez une, téléversez-la sur Wikimedia Commons ↗ avec les coordonnées renseignées et elle arrivera toute seule sur cette carte et sur toute autre qui utilise des données ouvertes. Ou envoyez-la-nous.
{{Location|42.13322|-8.02238}}
Édifice fortifié à Alcázar de Milmanda, Celanova, à 670 m d'altitude, à 5,7 km de Celanova.
A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.
Historia
O que na actualidade se configura como a torre-igrexa de Milmanda son os restos dun dos castelos máis importantes da historia de Galiza. Xa no século X aparece documentada a súa existencia, vinculado ao mosteiro de San Salvador de Celanova. No século XII pasou a pertencer á Coroa polas guerras que tiveron como resultado a creación do Reino de Portugal, e por esta causa debeu ser obxecto de importantes reformas e ampliacións. A finais dese mesmo século o rei Afonso IX de León concedeu á vila foro de reguengo, e promoveu a repoboación da zona con xentes procedentes de Celanova. Estas disposicións de repoboación foron confirmadas xa no século XIII por Fernando III de León e Castela. Novos privilexios reais chegaron despois, como a exención de portaxes concedida aos veciños por Afonso X, ou a confirmación do foro por parte de Sancho IV de Castela. O castelo foi palco dos enfrontamentos entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Tras falecer Pedro en Montiel a maior parte da nobreza galega recoñeceu como sucesor a Fernando I de Portugal, xenro de Pedro I, o cal estableceu a súa corte neste castelo e realizou unha campaña de ocupación de moitas vilas e cidades do país galego. Tras rematar a guerra, Henrique II confiscou a fortificación de Milmanda, pasando en 1383, a depender directamente da coroa até 1446 cando foi cedido por Xoán II de Castela en señorío ao conde de Benavente xunto co resto da comarca. Durante a Gran Guerra Irmandiña foi derrubado polos sublevados. Afogada a revolta os veciños da vila foron obrigados a erguer o castelo de novo. Un dos señores do castelo, o señor de Vilardecãs Francisco Feijoo Sotelo, foi protagonista dun célebre feito: Un fidalgo de Milmanda fora xulgado á forza e condenado na vila portuguesa de Melgaço. O señor de Vilardecãs reuniu 40 homes armados e atacou o cárcere rescatando o condenado. Como resposta a esta provocación, o duque de Bragança xuntou 6.000 homes e, en resposta a este, o conde de Benavente xuntou outros 6.000, comezando deste xeito a guerra entre España e Portugal, que só terminou baixo a condición de que o señor de Vilardecãs deixase o mando do alcázar de Milmanda. O derradeiro nobre que posuíu o castelo foi Suero Eanes de Prada, partidario de Pedro I, que trala morte do monarca partiu a Portugal para non regresar. Conta a lenda que ningunha outra casa da nobreza volveu posuír o castelo.
Características
O castelo posúe dous camiños a modo de adarve a diferentes alturas. O máis alto rodea a vila. Preto do cumio ábrese un gran foso defensivo, na actualidade tapiado no lugar que ocupaba a ponte levadiza. Da cerca consérvanse dous muros, un deles terminado nun torreón. No centro aprécianse os vestixios da torre da homenaxe. A actual igrexa aproveitou unha das torres do castelo como campanario, que se rodea dun recinto de cachotaría como posíbel barbacana. Na cara oeste consérvase unha torre de máis de 6 metros de altura e outra construción próxima. Consérvanse outros elementos defensivos, como restos de camiños fortificados e de fiadas da muralla.
Outros artigos
Castelos de Galicia
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Tour
Altitude du point ≈ 670 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche Celanova, à 5,7 km
Habitants de la commune 5 695 (2025) · IGE
Y aller en bus
- MILMANDAà 51 mCelanova (centro saúde)-Campo Real · Celanova (centro saúde)-Campo Real
- Alcázar de Milmanda (cruzamento OU-0209)à 304 mCelanova (centro saúde)-Moimenta · Celanova (centro saúde)-Moimenta
- Santa Eufemiaà 310 mA Torre-Parada autobuses (Rocarine)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
À côté de ce lieu
Igrexa de San Mamede de AlbosÉglise
Igrexa de San Pedro de RamirásÉglise
Igrexa de San Salvador de PaizásÉglise
Igrexa de Santiago de RubiásÉglise
Igrexa de Santa María de Vilameá de RamirásÉglise
Igrexa de San Xurxo de Acevedo do RíoÉglise
Igrexa de Santa María de Alcázar de MilmandaÉglise
Igrexa de Santa Eufemia de MilmandaÉglise