Jardin botanique
Jardin botanique de Lourizán
Pontevedra · 1949
.jpg?width=640)
O Xardín botánico de Lourizán é un arboreto dunhas 54 hectáreas en Lourizán, no municipio de Pontevedra. Ten máis de 850 especies catalogadas e ten unha das coleccións máis numerosas de España. É o xardín botánico máis importante de Galicia.
Localización
O Arboreto de Lourizán está situado na ladeira norte do macizo do Morrazo, cara ao fondo da Ría de Pontevedra, entre Pontevedra e Marín, a uns 3 quilómetros do centro de Pontevedra.
Historia
As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando aínda era unha granxa. O xardín botánico creouse en 1949 con especies exóticas e galegas. No século XIX, a propiedade foi adquirida polo político Eugenio Montero Ríos, que converteu o pazo de Lourizán na súa residencia de verán e en lugar de encontro das personalidades españolas máis destacadas da época. En 1943, por orde do Ministerio de Educación Nacional do 25 de febreiro, creouse en Pontevedra a propiedade de Lourizán, doada para este fin pola Deputación de Pontevedra. Nela iniciouse o estudo das especies forestais de crecemento rápido, co fin de satisfacer as necesidades españolas de madeira naqueles anos. A propiedade e o pazo de Lourizán foron o lugar de prácticas dos alumnos da Escola de Enxeñeiros de Montes de Madrid ata que pasou a formar parte da Xunta de Galicia. Este goberno autonómico creou nas súas instalacións o Centro de Investigación Forestal e Ambiental de Lourizán.
Descrición
Neste xardín botánico hai 800 especies diferentes e máis de 1900 árbores de todo o mundo, moitos deles de gran tamaño. Entre eles, un cedro do Líbano de máis de 130 anos e a metasequoia máis antiga da Península Ibérica e unha das máis altas de Europa, que se atopa en Lourizán desde 1951. Dentro do parque atópase desde 1993 o Parque das Autonomías, con case 50 especies de flora representativas das diferentes comunidades autónomas de España. Tamén hai zonas dedicadas á flora de Taiwán e Australia, así como o Eucaliptetetum e o Coniferetum, con máis de 85 e 170 especies diferentes respectivamente. Na propiedade crecen moitas árbores autóctonas, como carballos, castiñeiros e bidueiros, sicómoros e árbores foráneas e exóticas, como alciprestes, araucarias, cedros, magnolias ou alfaneiros, moitos dos cales foron traídos por xardineiros franceses. Varias destas árbores están incluídas no Catálogo de Árbores Singulares da Xunta de Galicia. Hai arboretos con todas as variedades de castiñeiros, piñeiros, eucaliptos ou camelias, co exemplar máis alto do mundo, unha camelia xaponesa de 20,5 metros de altura. Tamén hai un rimu de Nova Zelandia e un pequeno xardín taiwanés. No parque hai unha importante colección de camelias. Crese que os antigos exemplares de camelias de Lourizán pertenceron ao establecemento hortícola portugués de José Marques Loureiro no século XIX. A maior parte do herbario Merino atópase tamén desde 1945 no arboreto.
Actividades do centro de investigación
Mellora xenética. Introdución de especies arbóreas.
Outros artigos
Parque do Miradoiro Parque Natural das Marismas de Alba Illa das Esculturas Alameda de Pontevedra Parque das Palmeiras
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Lourizána 367 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A.
- Lourizána 377 mMarín-Praza de Galicia (marquesiña) · Marín-Residencia Montecelo · Pontevedra E.A.-Aguete (praia) · CEIP A Carballeira-A Ruibal (ponte autoestrada)
- A PASTORAa 383 mCEIP A Carballeira-A Ruibal (ponte autoestrada) · CEIP A Carballeira-A Ruibal (ponte autoestrada)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.