Piazza
Alameda di Pontevedra
Pontevedra · 18 m · 1879
Foto: Renarpp · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Parco urbano a Pontevedra, Spagna, a 18 m di altitudine, a 368 m dal Caminho Português de Santiago.
A Alameda do arquitecto Sesmero, coñecida popularmente como a Alameda, é un parque urbano situado no centro da cidade de Pontevedra. É o maior espazo verde do centro da cidade, xunto co Parque das Palmeiras. A Alameda está situada ao oeste do casco antigo, preto do antigo barrio de pescadores da Moureira.
Historia
A Alameda de Pontevedra tomou a súa configuración actual a finais do século XIX no marco dun ambicioso proxecto de ampliación da cidade cara a terreos situados fóra das antigas murallas de Pontevedra. Antigamente este espazo era coñecido como o Campo da Verdade (lugar de execución dos reos) e o Campo das Rodas xa que neste lugar fabricábanse cordas e aparellos para a pesca. Tras a construción do convento de Santo Domingo e pola súa influencia, pasou a ser coñecido como o Campo de Santo Domingo. En 1648 os dominicos transformaron a horta do seu convento nun lugar de paseo. Dous séculos máis tarde, en 1846 procedeuse a levantar un muro de contención, a nivelar o terreo, a plantar árbores e a colocar os primeiros bancos de pedra. En 1847, estaba pechado con muros de pedra parte dese campo que corresponde á actual Alameda. A alameda tiña cinco anchas rúas delimitadas por árbores en fila recta e un espazoso paseo. Nela había 57 carballos e 91 acacias e unha magnífica vista sobre a ría de Pontevedra e o mar. Por ela paseaban sobre todo nas noites de verán os veciños máis elegantes da cidade para respirar a brisa mariña. Foi coa expansión urbanística de finais do século XIX, que fixo efectiva o arquitecto Alejandro Sesmero, cando se completou a configuración deste emblemático espazo. Sesmero deseñou un proxecto para a Alameda de Pontevedra no marco da expansión burguesa da cidade e presentouno oficialmente o 29 de abril de 1879. Nos seus primeiros anos, a Alameda estaba dividida lonxitudinalmente en varios paseos paralelos que, dentro dunha sociedade de clases, estaban reservados ao uso de cada clase social. O paseo máis próximo á actual Gran Vía de Montero Ríos estaba reservado ás aias e criadas, o adxacente á clase media ou artesá e os dous restantes, xunto ao actual café El Cafetín, ás clases burguesas e nobres. En 1886 encargouse ao arquitecto Alejandro Sesmero o deseño e orzamento do palco da música, como parte da urbanización da Alameda e a Gran Vía. A principios do século XX, en 1904, inaugurouse o palco para acoller concertos de músicos ou artistas ao crearse a banda municipal. O palco da música ten unha base de pedra e unha cuberta de ferro e cristal e en 1907 dotóuselle de luz eléctrica. Posteriormente, en 1927, o Concello encargou ao arquitecto municipal, Emilio Salgado, un proxecto para embelecer a parte occidental da Alameda cunha vista privilexiada do mar. Salgado realizou un proxecto claramente influenciado pola Art déco e en 1928 inaugurouse unha magnífica escaleira de pedra, decorada con dous grandes piares de seis metros de altura, rematados con efixies de leóns de pedra que sosteñen o escudo da cidade. Nos anos 50, estes piares reducíronse considerablemente ata a altura da balaustrada. Os leóns de pedra que os coroaban foron substituídos por copóns en forma de macetas. En 2010, os piares e os leóns volveron á súa posición e deseño orixinais. O actual bar-restaurante El Cafetín, situado no lado norte da Alameda, lembra un antigo café de principios do século XX, que en realidade non era máis que un pequeno quiosco que ofrecía bebidas e outros produtos relacionados. En 1987 inaugurouse El Cafetín coa súa estética actual. Durante o franquismo levou o nome de Alameda de José Antonio.[Cómpre referencia]
Descrición
A Alameda do Arquitecto Sesmero ten unha superficie oblonga ou oval que vai desde as inmediacións da Casa Consistorial de Pontevedra na praza de España en dirección a San Roque (antigas Moureiras). Liñas de árbores divídena lonxitudinalmente en varios paseos paralelos. Xunto coa Gran Vía de Montero Ríos, ten unha superficie de 21.000 m2.…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Xardín público
Autore Alejandro Rodríguez Sesmero
Superficie 2 m²
Altitudine 18 m
Paese più vicino Pontevedra, a 534 m
Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 368 m
Abitanti del comune 83.339 (2025) · IGE
Arrivare in autobus
- Corvaceirasa 147 mVilagarcía E.A.-Pontevedra E.A. · Testos-Pontevedra E.A.
- SAN ROQUEa 158 mO Grove E.A.-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A.
- Paseo de Colóna 189 mPonte da Barca-Pontevedra (X)
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Basilica di Santa María MaggioreCattedrale
Monastero benedettino di San Salvador de LérezMonastero
Monastero di San Juan de PoyoMonastero
Mura di PontevedraCastello
Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Castello
Pazo de Castro MonteagudoPazo (dimora signorile galiziana)Pazo dei Gago e MontenegroPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo dei Marchesi di ArandaPazo (dimora signorile galiziana)