Incisione rupestre
Área arqueolóxica da Caeira
Poio (San Salvador) · Poio · Pontevedra
Foto: Lansbricae from Santiago de Compostela, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Incisione rupestre a Poio (San Salvador) (Poio, Pontevedra), a 147 m di altitudine, a 1,4 km dal Caminho Português de Santiago.
A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres ao aire libre situado na ladeira do Monte Tomba, coñecido como Boa Vista, no concello de Poio, provincia de Pontevedra. Está formado por máis dunha vintena de gravados e petróglifos, tres dos cales están catalogados como Ben de Interese Cultural. Forman parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Os petróglifos e gravados ao aire libre da Caeira, todos tallados en rocha granítica, coñécense dende principios do século XX grazas ao traballo do intelectual pontevedrés Ramón Sobrino Buhigas. Nas proximidades destes petróglifos tamén se atoparon indicios da posible existencia dun poboado da Idade de Bronce, polo que se cre que estes gravados foron realizados nesa época. A súa temática agrúpase en dous grandes bloques: xeométrico e naturalista, coa existencia dunha gran variedade de representacións como cervos, cazoletas, combinacións circulares e diversas figuras antropomórficas.
Características
Na Caeira hai petróglifos sinxelos con poucos motivos repartidos por varias zonas, pero dúas estacións formadas por grandes pedras son as que teñen un papel máis importante en todo este conxunto. A Pedra Grande de Montecelo está formada por un amplo conxunto de combinacións circulares e constitúe un dos máis sorprendentes exemplos de motivos xeométricos nos petróglifos do Grupo Galaico de Arte Rupestre. A Laxe das Lebres é un gran panel con representacións de cervos. Dous destes animais, posibelmente macho e femia, dispostos en simetría especular constitúen o seu elemento principal. A ambos lados pódense ver figuras antropomórficas como xinetes. O concello de Poio conta tamén con grupos rupestres no Outeiro da Burata e no Monte Cruceiro, ambos na parroquia de Samieira. Ademais, o petróglifo de Pozo Ventura non pertence a esta zona arqueolóxica pero si está moi preto dela, no monte Liñares. A súa superficie está chea de motivos xeométricos, pero a súa singularidade vén dada por motivos que lembran as follas de alabarda.
Centro de interpretación
O Centro de Interpretación Arqueolóxica da Caeira inaugurouse o 18 de xuño de 2009. Atópase na parroquia de San Salvador, xusto detrás do coñecido como Casal de Ferreirós. Alberga un proxecto expositivo no que os visitantes poden observar e coñecer polo miúdo as características dos petróglifos existentes no municipio. Ademais, o centro inclúe unha réplica exacta do petróglifo de Pozo Ventura, de características excepcionais na arte rupestre desta zona da Península Ibérica, e que lembra bastante a outras pezas atopadas en Irlanda ou na rexión da Bretaña.
Outros artigos
Arte prehistórica Arte esquemática Arte rupestre de Terras de Pontevedra
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Petroglifo · Sitio arqueolóxico
Altitudine del punto ≈ 147 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Pontevedra, a 1,8 km
Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,4 km
Abitanti del comune 17.426 (2025) · IGE
Arrivare in autobus
- Rúa Illa de Tambo (cruzamento rúa Illas Cíes)a 511 mPonte Bora (ITV)-Parada · Ponte Bora (ITV)-Parada
- Estrada Campaño (cruzamento rúa Illa de Tambo)a 562 mPonte Bora (ITV)-Parada · Ponte Bora (ITV)-Parada
- Campañó (cruzamento Boavista)a 581 mIES de Poio-O Vao (lavadoiro) · IES de Poio-O Vao (lavadoiro)
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Basilica di Santa María MaggioreCattedrale
Monastero benedettino di San Salvador de LérezMonastero
Monastero di San Juan de PoyoMonastero
Mura di PontevedraCastello
Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Castello
Pazo de Castro MonteagudoPazo (dimora signorile galiziana)Pazo dei Gago e MontenegroPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo dei Marchesi di ArandaPazo (dimora signorile galiziana)