Fossa comune
Campo de concentración de Padrón
Padrón · A Coruña · 1937

O campo de concentración de Padrón foi un dos campos de concentración do Franquismo, que acolleu prisioneiros do bando republicano. Situado na parroquia de Iria Flavia (Padrón), estivo activo entre 1937 e 1940. == Historia == A edificación, que a principios do século XX fora unha fábrica dedicada á produción de azucre de remolacha, foi reconvertida en prisión polo bando sublevado na guerra civil española en novembro de 1937. O recinto carcerario estaba formado por varios edificios e terreos que abarcaban unha extensión de 5,98 hectáreas rodeados por un cercado de arame de espiño, e foi escollido de acordo á súa situación estratéxica, ó estar a carón dunha importante vía férrea, que ademais comunicaba co porto de Vilagarcía de Arousa. A capacidade recoñeocida do presidio era de 1 700 presos. Os prisioneiros, unha vez chegados, eran posteriormente enviados ós campos de concentración de Rianxo e Muros. O campo de concentración pasou por dúas etapas diferenciadas; a primeira, dende a súa posta en funcionamento ata finais do ano 1938, constituída por reclusos apresados trala caída de Asturias; e a segunda, a partir de febreiro de 1939, conformada por reclusos procedentes do campo de concentración de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza), capturados trala ofensiva de Cataluña. Ademais albergou presos galegos, especialmente procedentes da contorna de Santiago de Compostela. Pasaron polo centro de reclusión arredor de 3 000 prisioneiros. As condicións eran estritas e encargábanse da vixilancia arredor de oitenta soldados axudados por membros da Garda Civil. Algúns dos presos falecidos durante o seu cativerio foron soterrados no camposanto de Adina. Cesou a súa actividade o 2 de abril de 1940. == Notas == Referencias == Véxase tamén == === Bibliografía === Costa, Xesús; Santos, Xesús (2007). Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo. Concello de Rianxo / Concello da Pobra do Caramiñal. ISBN 978-92-0-319291-0. Depósito legal: C-3664-2007. Cimadevila Álvarez, Carlos (2012). A guerrilla e os campos de concentración (PDF). III Seminario sobre a Memoria. pp. 3–5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2024. Consultado o 23 de xaneiro de 2025.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Escalaa 157 mSantiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo
- Iria Flaviaa 378 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A.
- Padrón E.A.a 804 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Sinde (cruzamento Outeiro)-Herbón-Padrón E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.