Pazo

Casa Bailly

Cambre · A Coruña

Casa Bailly

A casa Bailly é unha mansión de estilo modernista localizada na vila galega do Graxal (O Temple, Cambre). Foi abandonada en 1981, e atópase nun estado completamente ruinoso. == Descrición == A casa Bailly é unha vivenda modernista con dous corpos divididos en dúas alturas, de andar case cadrado, con faiado e soto. Orixinalmente a mansión, que posuía 22 habitacións, formaba parte dun complexo que se atopaba dentro dun terreo con 30.000 metros cadrados. Contaba tamén cunha vivenda para o chofer e o xardineiro. Os chans do primeiro andar tiñan uns luxosos mosaicos, parte dos cales aínda se conservan, e tamén se conservan algúns azulexos nas paredes. Actualmente a mansión é o único que aínda se mantén en pé do complexo. == Historia == O complexo da casa Bailly construíuse entre 1920 e 1924 por encargo do empresario Julio López Bailly. Orixinalmente, a mansión foi concibida como un hotel de 22 dormitorios, mais finalmente usouse como residencia de veraneo. A casa deseñárona o arquitecto galego Antonio Tenreiro Rodríguez e o arquitecto valenciano Peregrín Estellés. Por mor da súa ideoloxía republicana e de esquerdas, a familia Bailly viuse obrigada a abandonar Cambre após o triunfo en Galiza do golpe de Estado de 1936 e a mansión foi incautada pola Falanxe. O soto da casa usouse para recluír presos republicanos, así como Escola de Mandos do Movemento, e a partir do ano 1951 os seus andares superiores foron usados polo Sindicato Vertical. En 1969 a mansión sufriu un incendio na súa á dereita por mor dun cigarro mal apagado, e en 1981 o complexo foi pechado e abandonado, iniciándose así a súa deterioración. A ampliación da estrada N-VI causou a destrución da vivenda do chofer e o xardineiro, así como a varanda e mais o muro que delimitaba o terreo da mansión. En 2012 a casa sufriu outro incendio, de novo por mor dun cigarro, sufrindo danos graves, como a caída de parte do tellado. Nese mesmo ano tabicáronse as entradas e xanelas do andar baixo para evitar que entrase máis xente, unha medida que resultou inútil, pois aínda continúan os actos vandálicos no interior da mansión. En 2015, Cambre elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal que outorgou ao conxunto o nivel de protección ambiental, o máis baixo dos previstos. Fixéronse varios plans de restauración, mais ningún deles foi levado a cabo. O concello de Cambre estima que son necesarios uns 4 millóns de euros para restaurar a casa Bailly. == Filmación de películas == En outubro de 2011, na casa Bailly rodouse parte do filme Todo é silencio dirixido por José Luis Cuerda. == Notas ==

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo