Pazo

Casa da Torre

Redondela · Pontevedra

Casa da Torre

A casa da Torre é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima. == Descrición == A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, cuxo brasón loce na entrada principal do pazo. O estilo do edificio é de tipo renacentista, e na súa fachada érguese unha torre a catro augas que lle dá nome ao pazo. Até o século XIX o pazo aínda contaba cunha estrutura amurallada que o arrodeaba. Está situado na Praza de Ribadavia, e pola súa beira sur discorre o río Alvedosa. Ao longo da historia foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Tamén foi empregada coma sede dunha empresa de autobuses. Na actualidade constitúe o único pazo de titularidade pública do concello, sendo empregado coma o albergue da vila na ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Tamén conta cunha biblioteca, un salón de actos e varias salas de exposicións. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), pp. 192–193. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2. === Outros artigos === Redondela, Redondela === Ligazóns externas === Anecdotario redondelán. Arquitectura Civil. Pazos e outros.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo