Castello
Castelo de Aranga
Aranga · A Coruña
%20-%20panoramio.jpg?width=640)
O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón, foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos enriba do antigo Castro de Almanzor, sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga. == Historia == === Idade Media === Existen diversos testemuños documentais que mencionan o castelo: no ano 966 unha doazón do bispo Sisnando II de Iria ó mosteiro de Sobrado dos Monxes que inclúe o castelo con todas as súas prestacións; no ano 995 a restauración do mosteiro de Santa Baia de Curtis promovida por San Pedro de Mezonzo, na que doa unha igrexa próxima ó castelo; no século XII outro documento vincula o castelo coa liñaxe dos Traba ou outras liñaxes próximas; por último no século XV o Preito Tabera - Fonseca menciona que foi derrubado nas revoltas irmandiñas. === Escavación === No xacemento foi realizada unha escavación arqueolóxica no ano 1944, dirixida por José María Luengo. Rexistráronse varios elementos arquitectónicos: a porta de acceso, unha escaleira tallada na rocha (o que implica pisos a distintos niveis) e varias liñas de defensa (unha delas con seteiras). Recuperáronse fragmentos cerámicos de recipientes de distintas facturas, tellas e ladrillos, restos de madeiras queimadas e unha punta de frecha de ferro. Luengo datou o xacemento entre finais do século X e comezos do XII. === Estado actual === Os restos das estruturas quedaron soterrados baixo a maleza e apenas son visibles. Entre eles destacan un muro e mailos elementos tallados na rocha: as escaleiras e unha base cadrada que se supón que pertenceu á torre da homenaxe. O xacemento está catalogado como Ben de Interese Cultural. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === González Paz, C. A. (2007). "Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta". Rudesindus. San Rosendo. O seu tempo e o seu legado. Congreso internacional (PDF). Xunta de Galicia. p. 360. Luengo Martínez, J. Mª. (1950). "Exploraciones en el castillo de Aranga". Cuadernos de Estudios Gallegos (15). === Ligazóns externas === "O noso patrimonio - Castelos de Galiza/Galicia".
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- PONTE ARANGAa 1.1 kmA Castellana (centro saúde)-Ponte Aranga · A Castellana (centro saúde)-Ponte Aranga · Betanzos (institutos)-Ponte Aranga · Betanzos (institutos)-Ponte Aranga
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.