Castello
Castelo de San Diego
A Coruña

Foto: Benito de Irazabal; Archivo General Militar de Segovia · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Edificio fortificato a Coruña, a 4 m di altitudine, a 929 m dal Camiño Inglés.
O castelo de San Diego foi un recinto fortificado situado á entrada da baía da Coruña. Foi construído entre 1606 e 1636, e xunto co castelo de Santo Antón formaba parte do complexo defensivo da cidade. Inicialmente chamouse castelo de San Gaspar, aínda que a partir de 1644 xa se coñeceu como castelo de San Diego. Segundo a descrición do cronista José Cornide, tratábase dunha construción poligonal adaptada ao saínte rochoso no que se asentaba, con dúas plataformas de artillaría e distintas dependencias agrupadas no centro, nas que se atopaban os corpos de garda, o almacén, a capela, a polvoreira e o cuartel. Este forte abaluartado contaba cunha dotación artilleira de 30 canóns. Nas crónicas do ataque franco-holandés á Coruña en 1639 (guerra franco-española de 1635-1659) xa se falaba da eficacia desta nova fortificación e da súa efectividade artilleira contra a escuadra do almirante Sourdis. Como barreira defensiva adicional, entre o castelo de San Diego e o castelo de Santo Antón tendíase unha cadea que bloqueaba o acceso ao porto da cidade. En 1963 o castelo de San Diego foi derruído co obxectivo de ampliar as instalacións portuarias, modificándose o litoral neste lugar para a construción dun peirao petroleiro.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Castelo · Estrutura desaparecida
Dismesso 1963
Altitudine del punto ≈ 4 m · Terrain Tiles
Paese più vicino A Coruña, a 1,7 km
Cammino di Santiago Camiño Inglés, a 929 m
Abitanti del comune 251.277 (2025) · IGE
Arrivare in autobus
- Casa do Mara 468 mA Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña-O Temple-Santiago (por AP-9)(X)
- Os Castrosa 488 mSan Pedro de Nós-Teatro Colón · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (hotel Sada Palace)-Oleiros-San Pedro de Nós-Teatro Colón · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular)
- Os Castrosa 489 mOURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas)
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.