Fortezza di collina
Castro da Lanzada
Sanxenxo · Pontevedra

O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C. Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada. O castro foi escavado por vez primeira na década de 1950 polo Museo de Pontevedra e da man de Filgueira Valverde, e desde entón foi obxecto de sucesivas escavacións (nos anos 70, por Francisco Fariña Busto, e no ano 1983, por de la Peña Santos) ata a reanudación da súa recuperación no verán de 2010. Nesta última ocasión o director do proxecto foi o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez coa colaboración do Laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Ó estar cuberto de area, menos agresiva cá terra para os restos orgánicos, está ben conservado, o que non impediu a súa destrución parcial para levanta-la ponte que une o promontorio co illote inmediato ou a consecuencia de construcións modernas. A propia capela da Lanzada está levantada sobre restos do castro. En calquera caso, trala última intervención de 2010 só se accedeu ata o nivel correspondente ó século II a.C, estimando que aínda quedan uns 2-3 metros por escavar. Así mesmo, a superficie estudada é só unha pequena parte dos arredor de 9.000 m² que se estiman ocupados.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Raxeiraa 254 mO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Dorrón (centro cultural)-Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · SX: Circular Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
- A Lanzada (praia)a 326 mO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Sanxenxo-Villalonga-Lanzada-Sanxenxo · Portonovo (farmacia)-Telleiro · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
- Raxeiraa 332 mO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Sanxenxo-Villalonga-Lanzada-Sanxenxo · IES de Vilalonga-Mirasol · IES de Vilalonga-Mirasol · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.