Fortezza di collina

Castro da Trinidade

Mondoñedo · Lugo

Castro da Trinidade

Castro da Trinidade ou Monte da Trinidade (chamado Castro de Flores, no concello de Lourenzá, co código GA27027012), é un castro de cumio fortificado situado no concello de Mondoñedo. En 2008 atopouse un machado votivo de bronce, só hai outros dous machados votivos semellantes en Galicia. O Machado duns 10 cm, ten representado un torque. A peza está en exposición no Museo do Castro de Viladonga. == Descrición == O castro está situado no cumio do monte Trinidade. Un penedo rochoso ao redor do cal existe unha canteira, Canteira Trinidade, que foi comendo o penedo. O castro foi catalogado en 1995. O 11 de marzo de 2016 a xefa do Servizo de Patrimonio de Lugo xunto co arqueólogo da Xunta en Lugo propuxeron excluír o castro do catálogo da Xunta. O 13 de xuño de 2016 aprobouse o PXOM de Mondoñedo no que aparece o castro catalogado como Castro da Trinidade. A canteira foi denunciada por Adega polos danos causados ao castro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria respondeu a esta denuncia que a empresa achegou evidencias de que o castro está proposto para a súa exclusión do preinventario da Xunta de Galicia. == Notas ==

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo