Fortezza di collina

Castro de Boado

Mesía · A Coruña

O Castro de Boado é un poboado castrexo situado no lugar do Castro, na parroquia de Boado (Mesía). == Morfoloxía == O castro componse dun único recinto con bo dominio sobre do val do río Tambre. Na parte alta da pendende ten un parapeto, sendo o resto da parte de defensa o terraplén. A actual entrada é posiblemente a orixinaria. A entrada corta en parte o parapeto e desde esta apréciase a súa estrutura de base de terra asentados na base de bloque de cuarzo. O interior do recinto mide aproximadamente no eixo EW 70 metros e no eixo SE-NW 84 metros. O parapeto acada cara ao exterior unha altura de 5 metros. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo