Fortezza di collina

Castro dos Prados

Ortigueira · A Coruña

Castro dos Prados

O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á cultura castrexa, un dos coñecidos como castros costeiros. Sitúase en Espasante (Ortigueira). == Descrición == Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana. O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido. Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992. O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento arredor do século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento máis importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou pedra fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto castro de Armeá en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso. Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un ás de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes apareceron tamén restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...). == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Bibliografía === Ayán Vila, Xurxo; Otero Vilariño, Carlos (2003). "Plan director del castro de Punta dos Prados (Ortigueira, A Coruña)". TAPA: traballos de arqueoloxía e patrimonio (31): 1–71. ISSN 1579-5357. Armada Pita, Xosé Lois (2009). "Contextos y tecnologías de la orfebrería castreña: en torno a una nueva arracada de Punta dos Prados (Espasante, Ortigueira, A Coruña)". Complutum 20 (1): 83–108. ISSN 1131-6993. Ramil González, Emilio; Grandío Seoane, Emilio; Breixo Rodríguez, Xosé Carlos (1999). Historia de Ortigueira. A Coruña: Vía Láctea. Carballo Arceo, Xulio (2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Vigo: Nigratrea. === Outros artigos === Cultura castrexa === Ligazóns externas ===

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo