Cattedrale
Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía
Xunqueira de Ambía · Ourense

A antiga Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía é unha construción románica, principiada no século XII, que está situada na Vía da Prata, no concello de Xunqueira de Ambía, na provincia de Ourense. A decoración, con referencias xacobeas, ten influencia do Mestre Mateu, tanto nos rosetóns das naves laterais como na ornamentación vexetal e xeométrica. Está catalogada como Monumento Histórico-Artístico e declarada Ben de Interese Cultural (1931).
Características artísticas e arquitectónicas
Créase a igrexa en estilo románico na segunda metade do século XII. Ten planta basilical, con tres ábsidas na cabeceira e con tres naves, de cuberta única a dúas augas. Posúe cuberta de madeira nas naves apoiada en arcos transversais apuntados, que arrincan de medias columnas acaroadas a piares. Na fachada oeste intúese a estrutura de tres naves pola existencia de dous contrafortes. Pódense apreciar capiteis pendurados sen columnas. Accédese á igrexa polas portadas románicas das fachadas oeste e norte. No portada oeste destacan dúas figuras: un boi, que pode representar a servidume; e mais un león ou xabaril, que representa o poder dos señores. A sancristía está cuberta con bóveda gótica. No seu interior pódense atopar manifestacións artísticas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. Un altar menor é presidido por unha obra escultórica de santa Ana, a Virxe e o neno Xesús. Nun lateral atópase o seu mellor retablo, de estilo flamengo-renacentista, en que destacan os 12 baixorrelevos que representan escenas da vida da Virxe. O seu órgano ibérico, de 14 rexistros, é do ano 1758 e está situado nun lateral da igrexa. É o terceiro de que dispuxo a colexiata e está en uso, mais só se toca en ocasións excepcionais. O claustro actual data de principios do século XVI. As galerías cubertas están limitadas cara ao patio por unha arcada, formada por un só corpo que conserva gran parte do seu trazado gótico tardío. Ten un patio axardinado e unha fonte central. Tanto o claustro como a igrexa serviron de lugar de enterramento ata a primeira metade do século XX e conteñen tumbas de tipo arcosolio datadas desde a Idade Media ata o século XIX. A torre de campanario é de planta cuadrangular rematada en cúpula con cruz de ferro e escaleira exterior de dous niveis de campás. Esta torre románica está acaroada ao norte da fachada occidental; engadíuselle en 1770 un novo corpo de campás, que se completou cunha cúpula, obra do mestre de Allariz Caetano Costa.
Ourivaría
A ourivaría que se conserva na antiga colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía está datada do século XIII ao XX, cunha significativa presenza de elementos da etapa barroca, marcada pola vitalidade económica, en que se procederon a substituír e acrecentar pezas da colección. Está documentada a autoría de prateiros de Allariz, Ourense, Santiago, Madrid e Córdoba, que utilizaron técnicas de gravado, cicelado, repuxado e fundición. Houbo pezas esmaltadas e caladas, das que só se conserva un cáliz. Así, mantéñense oito cálices, tres coroas, dúas lámpadas, dous cetros, relicarios, bandexas e un incensario, entre outras.
O priorado
Conta a lenda que polo século IX apareceu a Virxe da Asunción na xunqueira da lagoa, onde se ergueu unha capela na súa honra, que atraeu devoción popular e, con posterioridade, a peregrinación xacobea ao utilizar o paso da calzada romana existente. As súas doazóns serviron para impulsar a nova construción da igrexa románica e mais un hospital para a estadía das peregrinacións. En 955 fúndase un mosteiro prerrománico ou convento familiar por parte de Rudesindus, Gonçalo Froila e Ilduara, parentes de Rosendo de Celanova, nas terras do señorío de Ambía. Anos despois, Afonso VII doa a metade dese couto ao priorado de Sar, en Santiago de Compostela e entrégalles as terras e o mosteiro aos cóengos regulares da Orde de santo Agostiño. Foi consagrado como igrexa polo bispo de Ourense Pedro Seguín, o 2 de xuño de 1164, e en presenza Fernando II, rei de León e Galiza.…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Xunqueira de Ambíaa 146 mMaceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo) · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Penelas-Xunqueira de Ambía · Penelas-Xunqueira de Ambía · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Quintela)
- Xunqueira de Ambía (cruzamento O Portelo)a 578 mSobradelo-Allariz · SOBRADELO-ALLARIZ
- O Coveloa 888 mMaceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo) · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
- Ecoespazo do RexoPiazza
- Capela de Santa Eufemia de AmbíaChiesa
- Castro de Pena do CoutoFortezza di collina
- Santuario de Santa María de Vilar de FloresChiesa di pellegrinaggio
- Castro de CerdeiraFortezza di collina
- Igrexa de San Breixo dos EspiñeirosChiesa
- Igrexa de Santa María de Requeixo de ValverdeChiesa
- Igrexa de San Vicente da AbeledaChiesa