Convento
Convento do Rosario de San Sadurniño
San Sadurniño · A Coruña
O Convento do Rosario era unha institución relixiosa establecida na vila de San Sadurniño.
Historia
As súas orixes están relacionadas coa Orde do Temple, que construíu un hospital e unha igrexa na Idade Media. En 1508 o primeiro señor de San Sadurniño, Fernando de Andrade, neto de Nuno Freire de Andrade, o Mao, reconstrúe a igrexa e obtén bula do papa Xulio II para establecer unha colexiata atendida por cinco capeláns. O fillo de Fernando de Andrade, Xoán Freire de Andrade, segundo señor de San Sadurniño, substitúe os capeláns por regulares da orde franciscana. En 1570 o terceiro señor de San Sadurniño, Pedro de Andrade, fillo do anterior, encomenda o convento á orde de San Domingos, sendo estes relixiosos os que rexerán a institución ata a súa desaparición no século XIX. Este mesmo señor crea a Cátedra de Gramática e Latinidade, dependente do convento. Na actualidade, o edificio conventual alberga dependencias municipais e o xulgado de paz. A igrexa parroquial actual de Santa María do Rosario é do século XVIII e pertenceu ao convento ata 1835. Nela áchanse os sepulcros dos dous primeiros señores de San Sadurniño, así como o da muller do primeiro, dona Inés de Castro.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- San Sadurniñoa 93 mFerrol E.A.-Moeche-San Romón-As Pontes · FERROL E.A.-MOECHE-SAN ROMÓN-AS PONTES · Coruña E.A. - Ferrol E.A. - Viveiro E.A. · SAN SADURNIÑO-O CASAL · San Sadurniño-Pallota · San Sadurniño-O Casal
- San Sadurniñoa 102 mFerrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela)
- CPI DE SAN SADURNIÑOa 105 mCPI de San Sadurniño-Bostelo · CPI de San Sadurniño-Cantalarrana · CPI de San Sadurniño-Cruce Felgosa · CPI de San Sadurniño-A Freguela · SAN SADURNIÑO-PALLOTA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
- Castelo de NaraíoCastello
- Castro de PereirugaFortezza di collina
- Castro da ErmidaFortezza di collina
- Castro do RupialloFortezza di collina
- Castro de RiboiraFortezza di collina
- Igrexa de Santa María do Rosario de San SadurniñoChiesa
- Castro de Croas de RamilFortezza di collina
- Castro de San SadurniñoFortezza di collina