Calvario

Cruceiro de Bustelo

Dodro · A Coruña · 1893

Cruceiro de Bustelo

O cruceiro de Bustelo do Monte é un cruceiro situado no lugar de Bustelo do Monte (San Xoán de Laíño, Dodro). Tanto o peto de ánimas coma o cruceiro datan do ano 1893. == Historia == Mandárono construír sete homes que emigraron a Cuba cando a illa aínda era española, pois antes de partir prometeran construír un cruceiro na súa aldea se todo lles ía ben. En 1893 mandaron os cartos, e o cruceiro e o peto construíronse no lugar onde se soterraban antes os nenos e nenas que falecian sen o bautismo. Foi feito por Andrés Castaño Fernández, coñecido como o Vello santeiro de Chave, a quen lle pagaron dezaseis onzas de ouro. O peto de ánimas presenta na base un retablo coa Virxe do Carme e as ánimas do purgatorio esculpidos en pedra, non ten ningunha lenda, a non ser unha incrición co nome dos sete homes que o pagaron. == Véxase tamén == === Bibliografía === Figueira, Silvia (2003). Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro. pp. 29–30. Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga (PDF). Concello de Dodro. p. 108.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo