Dolmen

Dolmen de Dombate

Borneiro · Cabana de Bergantiños · A Coruña

Dolmen de Dombate, dolmen en Cabana de Bergantiños

Foto: Jpereira · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Monumento megalitico a Borneiro, Cabana de Bergantiños, a 195 m di altitudine, a 104 m dal O Camiño dos Faros.

O dolmen de Dombate (catálogo da Xunta GA15014004) é un monumento megalítico situado no lugar de Dombate na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), na comarca de Bergantiños. Construíuse na primeira metade do IV milenio a. C. e a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas e evidenciouse un uso que vai dende o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C., momento no que se clausura o monumento. Este dolmen catalógase como unha tumba de corredor e é un dos conxuntos máis importantes de Galicia. Preto del atópanse outros monumentos coñecidos pola existencia de arte parietal: o dolmen de Pedra Cuberta e a Pedra da Arca. Segundo o experto Xosé María Bello Diéguez, a concentración de dolmens deste tipo na Costa da Morte puido deberse a que estaban relacionados coa riqueza cultural da zona, como na Idade Media estábano as catedrais. No século XIX o historiador Manuel Murguía xa escribe sobre o dolmen, e no ano 1885 o poeta Eduardo Pondal inmortalizouno nun poema en Queixumes dos pinos: Este dolmen é lugar de paso da ruta de sendeirismo da Costa da Morte na súa terceira etapa do camiño dos Faros.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Epoca Preistorica

Che cos'è Megalite

Chiamato come Dombate

Tutela Ben de Interese Cultural

Altitudine del punto ≈ 195 m · Terrain Tiles

Paese più vicino Laxe, a 4,6 km

Percorso vicino O Camiño dos Faros, a 104 m

Abitanti del comune 4068 (2025) · IGE

Come arrivare

Indirizzo Dombate, Borneiro, 15119, Cabana de Bergantiños

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Vicino a questo luogo