Lago

Encoro de Cachamuíña

O Pereiro de Aguiar · Ourense

Encoro de Cachamuíña

O encoro de Cachamuíña está situado no Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense. Foi finalizado en 1954 e pertence ao río Lonia. == Características == Os seus arredores están adaptados como lugar de entretemento e lecer. Está rodeado por camiños de area polos cales se pode pasear, correr ou andar en bicicleta. É habitual observar a xente pescando xa que está permitido. En cambio si que está prohibido o baño e os cans deben ir atados; o incumprimento destas normas podería causar unha multa. Actualmente utilízase a súa auga para o abastecemento. Presenta un volume de encoro de 2 hm3 e unha superficie de 27 ha, aínda que o seu caudal varía segundo a época do ano na que nos atopemos. Nalgún verán houbo épocas de seca, debido ás baixas precipitacións. Cando sucede isto pechan as comportas e axúdanse da auga do río Miño para que esta poida chegar a todas as casas. == Biodiversidade == No encoro habitan distintas especies, tanto nas súas augas como nos seus arredores. Moitas atópanse en perigo de extinción, por iso hai que respectar o medio no que viven, coidalo e mantelo limpo. Entre os animais existentes están a carpa, a píntega, a boga do Douro, o martiño peixeiro, a ra verde ou o parrulo. == Véxase tamén == === Bibliografía === El embalse de Cachamuíña, invadido por cianobacterias La Región, 12 de setembro de 2017. Día de capturas en Cachamuíña La Región, 21 de abril de 2019. Intensos días de cuidado del entorno La Región, 3 de abril de 2019. Páxina web do concello de Pereiro de Aguiar

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo