Lago
Encoro de Caldas
Troáns · Cuntis · Pontevedra
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Lago a Troáns (Cuntis, Pontevedra), a 103 m di altitudine, a 2,8 km dal Caminho Português de Santiago.
O encoro de Caldas sitúase no río Umia, a un quilómetro da vila de Caldas de Reis, augas arriba. Ten unha capacidade de case sete millóns de metros cúbicos, e ocupa unha superficie de 81,7 hectáreas, cunha conca de 182 km² e un caudal medio de 9m³/s. Ten coma función a regulación do río Umia, así como o abastecemento de auga de boca a comarca do Salnés.
Historia e características
Xa nos anos setenta o goberno civil de Pontevedra encargara un anteproxecto de abastecemento de augas á Mancomunidade do Umia. No 1973 redactouse un proxecto de construción dunha presa de materiais soltos de 40 metros de altura sobre o leito do río. Dado que non foron tidas en conta tódalas condicionantes do terreo, a Confederación Hidrográfica do Norte suspendeu o proxecto e encomendou un novo estudo xeolóxico. No ano 1992, dadas as frecuentes inundacións de Caldas, fíxose un estudo hidráulico das crecidas, é de acordo co Proxecto de Directrices do Plan Hidrolóxico das Cuncas de Galicia, a petición da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, redactouse un novo anteproxecto no que se contemplaba unha presa de gravidade de planta recta. Foi sometido a información publica no ano 1995, e no 1996 fíxose a declaración de impacto ambiental. No 1997 unha unión temporal de empresas formada por Dragados-Abeconsa fíxose co concurso de proxecto e a execución da presa, cambiando o seu deseño a unha de gravidade de planta curva. A construción da presa, cun volume de 45.000 m³ de formigón, foi executada nun prazo de 24 meses, entre marzo de 1998 e febreiro de 2000.
A presa
Altura sobre cimentos: 36,50 m. Lonxitude de coroación: 206 m. Ancho na coroación: 7 m. Tipo de aliviadeiro: mixto Nº vaos: 4 de 13 m. Comportas: 2 tipo sector Capacidade de escoamento: 425m³/s. en trampolín
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Encoro
Altitudine del punto ≈ 103 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Caldas de Reis, a 2,9 km
Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 2,8 km
Abitanti del comune 4450 (2025) · IGE
Arrivare in autobus
- Paradivasa 484 mAmil-O Carril (A Rosa) · Amil-Caldas de Reis · A Cruz (N-640)-Caldas de Reis
- Paradivasa 509 mAmil-Caldas de Reis · Amil-Vilagarcía E.A. · A Cruz (N-640)-Caldas de Reis
- Troáns (fábrica)a 567 mSarandón-Vilagarcía E.A.
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Lapa de GargantánsMenhirBaldaquino de Santa María de Caldas de ReisCroce con baldacchino
Parque-Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de ReisOrto botanicoPonte de BermañaPonte
Igrexa de Santa María de BemilChiesa
Igrexa de San Martiño de GargantánsChiesa
Igrexa de San Fiz de EstacasChiesa
Pazo da ToxeiriñaPazo (dimora signorile galiziana)