Facoltà universitaria
Escola de Enfermaría de Pontevedra
Pontevedra · 1974
Foto: MJSB73MP · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Centro universitario a Pontevedra, a 32 m di altitudine, a 180 m dal Caminho Português de Santiago.
A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra é un centro educativo universitario adscrito á Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no centro da cidade, no Hospital Provincial de Pontevedra.
Historia
A Escola de Enfermaría de Pontevedra tivo o seu xerme na antiga Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios (ATS) da Cruz Vermella, creada en 1974. Esta escola de ATS xurdiu grazas ao impulso do catedrático de instituto e presidente delegado da Cruz Vermella de Pontevedra Marcelino Jiménez Jiménez, do director do Hospital Provincial de Pontevedra Manuel Castro-Rial Canosa e do presidente da Deputación de Pontevedra José Luis Peláez Casalderrey e foi creada pola Deputación de Pontevedra. A Orde Ministerial do 19 de setembro de 1974 do Ministerio de Educación e Ciencia autorizou o funcionamento provisional da Escola. En 1975, pola Orde do 28 de xaneiro de 1975 autorizouse a creación da Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios Femininos de Pontevedra e fixouse a realización das súas actividades académicas e teórico-prácticas no "Gran Hospital Provincial" da Deputación Provincial, adscribiuse á Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e aprobouse o regulamento da mesma. Algúns meses despois, pola Orde do 2 de abril de 1975, creouse a Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios Femininos na Residencia Sanitaria da Seguridade Social Montecelo de Pontevedra (actual Hospital Montecelo) e adscribiuse tamén á Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e aprobouse o regulamento da mesma. En 1978, polo Real Decreto 3117/1978, de 10 de novembro, a escola de ATS da Deputación de Pontevedra transformouse en Escola Universitaria de Enfermería e pasou a estar adscrita á Universidade de Santiago de Compostela ofrecendo así estudos universitarios de diplomatura. En 1990 por decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela, no seu artigo 1, a escola pasou a estar adscrita á Universidade de Vigo. A escola estivo situada no antigo fogar provincial na rúa Serra ata que en 1993 pasou a ter a súa sede na cuarta e quinta plantas do Hospital Provincial de Pontevedra. Desde setembro de 2011 o centro imparte os estudos do grao en Enfermaría organizado en catro cursos académicos, tras a implantación do Plan Boloña ou Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Titulacións
Na escola impártese o Grao en Enfermaría.
Equipo directivo
O director da escola de Enfermaría desde 2010 é Miguel Ángel Piñón Cimadevila. A subdirectora é María Paz Diéguez Montes e a secretaria María Teresa Hermo Gonzalo. O delegado da universidade é Rafael Durán Barbosa.
Organización
A Escola de Enfermaría é propiedade da Deputación de Pontevedra, á que lle custa cada ano 500.000 euros. A escola está rexida por un Padroado composto entre outros membros polo director da escola, o presidente da Deputación de Pontevedra, o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e un delegado da universidade.
Outros artigos
Hospital Provincial de Pontevedra Facultade de Fisioterapia de Pontevedra
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Facultade · Escola de enfermaría
Fa parte di Deputación de Pontevedra · Universidade de Vigo
Nome ufficiale Escuela Universitaria de Enfermería
Altitudine del punto ≈ 32 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Pontevedra, a 646 m
Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 180 m
Abitanti del comune 83.339 (2025) · IGE
Come arrivare
Indirizzo Rúa Joaquín Costa, 41
Arrivare in autobus
- Joaquín Costa/12 Novembro (cruzamento)a 87 mO Castelo Alto-Pintos
- Rúa 12 de novembroa 230 mPO:Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2) · Lugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · PO:Monteporreiro-Montecelo-Praza de Galicia (marquesiña) · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo
- Joaquín Costa/12 Novembro (cruzamento)a 230 mO Castelo Alto-Pintos
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Basilica di Santa María MaggioreCattedrale
Monastero benedettino di San Salvador de LérezMonastero
Monastero di San Juan de PoyoMonastero
Mura di PontevedraCastello
Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Castello
Pazo de Castro MonteagudoPazo (dimora signorile galiziana)Pazo dei Gago e MontenegroPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo dei Marchesi di ArandaPazo (dimora signorile galiziana)