Cascata
Fervenza do Toxa
Silleda · Pontevedra

A fervenza do Toxa é un salto de auga situado na parroquia de Pazos, no concello de Silleda, na provincia de Pontevedra. O río que provoca a fervenza é o río Toxa, o cal verte as súas augas por un desnivel de máis de 60 metros. A fervenza, xunto co mosteiro de Carboeiro, están situados nunha paraxe natural de gran valor paisaxístico na comarca do Deza, ligados aos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego. == Flora e fauna == A flora que se atopa nesta paraxe débese a confluencia dos dous tipos de clima de Galicia, o oceánico ou atlántico e o mediterráneo. Deste xeito, podemos atopar moita diversidade, entre a que se atopan carballos, abeleiras, bidueiros, sobreiras, aciñeiras, salgueiros, loureiros ou érbedos. A fauna que se localiza aquí é maioritariamente a que se atopa ligada aos cursos fluviais. Referímonos por tanto a especies como a londra, o martiño peixeiro, o merlo acuático, o teixugo, a xeneta e a donicela, entre outros. Tamén se poden atopar agochados nas cornixas graníticas de elevada pendente, animais de importancia ecolóxica como o corvo ou o falcón peregrino. Entre os peixes pódese destacar a gran cantidade de troitas que se poden ver nos cursos fluviais da bisbarra, que propician unha alta densidade de pescadores de cana. == Xeoloxía == Nesta zona atópase unha gran heteroxeneidade xeolóxica, de modo que alternan granitos e gneises con lousas ademais doutras explotacións mineiras como as de volframio e estaño en Fontao. == Elementos de interese na zona == O monumento que máis destaca na bisbarra é o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, fundado no século X polos condes de Deza. Outro das pezas que se poden visitar é a igrexa de Breixa que, aínda que o seu aspecto externo non é excesivamente atractivo, no seu interior pódese observar a súa ábsida e a ornamentación dos seus capiteis. Nesta bisbarra atópanse aínda restos da súa romanización que se materializan nas calzadas, minas ou pontes como a de Merza. Outro monumento é a ponte medieval de Taboada, pola que pasan os peregrinos que realizan a Vía da Prata. Nos arredores deste salto de auga podemos atopar ademais un bosque de ribeira que, debido á suavidade do clima e á elevada humidade ambiental, posúe unha gran cantidade de fungos e liques. Preto deste lugar tamén podemos ver a lagoa Sacra de Olives, que preside o val do río Curantes ou a pequena fervenza do Bico de Curantes, preto da Pena do Foxo. No curso baixo do Arnego, antes de desembocar no Ulla, localízanse pequenas pero importantísimas manchas de sobreira, a maioría delas para a obtención de cortiza. == Acceso == Pódese acceder dende a estrada N-525 Zamora-Santiago, tendo que coller o desvío na Bandeira pola comarcal PO-204, até Pazos, preto de Merza. == Información == Pódese pedir información sobre a zona no Servizo de Medio Ambiente Natural de Pontevedra, no Concello de Silleda e no Concello da Vila de Cruces. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Galicia para o Mundo Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en castelán) Granxa Escola Fervenza do Toxa
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- San Pedro de Losón (cruzamento)a 730 mSilleda-Vila de Cruces-Centro F. y Exp. Sergude-Santiago E.I. · Silleda-Vila de Cruces-Santiago E.I.
- San Pedro de Losón (cruzamento)a 744 mSilleda-Vila de Cruces-Santiago E.I.
- Penagudína 744 mIES Marco do Camballón-CEIP Nosa Señora da Piedade-Reboredo · IES Marco do Camballón-Reboredo · IES Marco do Camballón-Reboredo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.