Festa gastronómica

Festa do polbo do Carballiño

O Carballiño · Ourense

Festa do polbo do Carballiño

A festa do polbo do Carballiño é unha festa gastronómica celebrada no concello ourensán do Carballiño o segundo domingo de agosto. Está declarada Festas de interese turístico internacional. Aínda que a vila se atopa lonxe do mar, consómese polbo desde antigo, traendo polbo seco froito do intercambio comercial coas rexións costeiras de Galiza. Na actualidade o xeito máis común de preparalo é á feira. O labor das polbeiras do Carballiño é recoñecido en toda Galiza. En 2014, a Real Academia Galega ratificouse no uso da forma polbo como normativa fronte á forma pulpo, que o concello do Carballiño solicitara que fora recoñecida tamén, baseándose en que é así como se coñece comunmente na localidade. De feito, na páxina web do concello mantense a denominación Festa do Pulpo e exáltase o traballo de pulpeiros e pulpeiras.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo