Mura
Forte do Teso
Verea · Ourense · 1700

O Forte do Teso, tamén chamado Penafroufe, é unha antiga fortaleza militar abaluartada hoxe arruinada na parroquia de San Miguel de Bangueses, no concello de Verea, en Galicia. == Situación == Atópase sobre un promontorio a uns 820 metros sobre o nivel do mar, case ao límite das concas do Limia co Deba-Miño, nunha zona na que se divisa as cotas máis altas (1.100 - 1.270 m.) próximas á fronteira con Portugal. == Historia == Foi construída no século XVII durante a Guerra de Restauración Portuguesa reinando Filipe IV, para defender o fronteira sur do Reino de Galicia das tropas portuguesas que poderían atacar desde Castro Laboreiro pola Raia Seca cara a Celanova. Encargóuselle ao capitán de enxeñeiros Juan Villarroel Prado a construción deste Forte no distrito de Corvelle no sur da provincia de Ourense. O encargo é de Diego IV de Benavides de la Cueva, conde de Santiesteban, e Gobernador de Galicia entre 1647 e 1652; do 8 de agosto de 1649, segundo as notas de Aparici, polo que podemos concluír que sería dunha data posterior. == Estado actual == Só quedan os restos perceptibles na orografía do terreo, estando todo o foso, baluartes e praza de armas cubertas de matogueira. A altura da matogueira non permiten apreciar a profundidade do foso o que fai que dende o perímetro presente menor elevación que a que realmente debe ter. O antigo acceso desde o leste, e os baluartes presentan unha maior vexetación. Nunha zona pode observarse o que parece parte do baluarte cos restos de terra removidos para levantalos. == Galería de imaxes == == Notas ==
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Bangueses de Abaixo (marquesiña)a 635 mBande-Bangueses de Abaixo (marquesiña) · Bande-Bangueses de Abaixo (marquesiña)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.