Area protetta

Gándaras de Budiño

Pontellas · O Porriño · Pontevedra · 2004

Gándaras de Budiño, area protetta en O Porriño

Foto: Juan Antonio Patiño Méndez from La Coruña · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Zona speciale di conservazione, a 28 m di altitudine, a 364 m dal Caminho Português de Santiago.

As gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas e outras augas continentais de Galiza. Están declaradas ben de interese cultural grazas aos xacementos arqueolóxicos acheulenses.

Xeografía e xeoloxía

Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. Descubríronas o oceanógrafo galego Antonio Fernández del Riego e o xeomorfólogo francés Henri Nonn, realizando unhas investigacións xeomorfolóxicas, e Emiliano Aguirre investigouna en 1963. Henri Nonn publicou en 1966 investigacións detallando como ese asentamento tiña referencias estratigráficas detalladas Existen cinco niveis arqueolóxicos. No quinto no que se atoparon útiles e clasificaronse como achelenses ou camposanquienses que corresponden a un depósito do Plistoceno medio. Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles foron o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto. Técnicas de datación con carbono 14 indican unha idade deses restos de entre 182-28.7 mil anos. A estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.

Outros artigos

Monte Aloia

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Espazo natural protexido · Zona de especial conservación

Superficie 731 m²

Altitudine del punto ≈ 28 m · Terrain Tiles

Paese più vicino O Porriño, a 5,3 km

Cammino di Santiago Caminho Português de Santiago, a 364 m

Abitanti del comune 20.935 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo