Hórreo

Hórreo do Araño

Rianxo · A Coruña

Hórreo do Araño

O hórreo do Araño é un hórreo galego situado na contorna da casa reitoral do Araño, no concello de Rianxo. Considerado como o máis grande de Galicia. == Descrición == Construído a finais do século XVIII, entre os anos 1784 e 1805, sendo o crego da parroquia Rafael López Lago, quen o mandou erixir. A base pechada conforma un celeiro feito de cachotaría, coas escaleiras de acceso incorporadas. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, feita de cantaría. A cámara está pechada con perpiaños horizontais colocados en ringleira, sen remarcar as columnas. O tellado leva sobrepena baixo o beiril. Ámbalas dúas cabeceiras teñen como remate unha cruz flanqueada por dous pináculos rematados en bóla. Considerado como o hórreo máis longo de Galicia, sendo a lonxitude da cámara 36,75 metros (contando a base acada os 37,05 m). É tamén o hórreo de máis capacidade, albergando un volume de 109,31 m3. O celeiro ten unha capacidade adicional de 59,09 m3. == Hórreo Vivo == Celébrase na contorna do hórreo o festival Hórreo Vivo para desfrutar de música en galego, reivindicar a cultura do lugar e poñer en valor do patrimonio etnográfico do Araño, organizado pola Asociación Cultural Carballeira de Baia, en colaboración coa Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e mais a Comunidade de Montes do Araño. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Regueira, Carlos (2024). Atlas de Hórreos de Galicia. Versión 2.0. p. 288. ISBN 978-84-697-4509-0. === Outros artigos === Hórreo galego === Ligazóns externas === "Hórreo da casa reitoral de Santa Baia do Araño". Obaixoulla.gal. Consultado o 21-07-2025. Turismo.gal Xunta de Galicia.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo