Chiesa

Igrexa de San Salvador de Sanguñedo

Sanguñedo · Verea · Ourense

Igrexa de San Salvador de Sanguñedo, chiesa en Verea

Foto: Fran.dorado · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Edificio religioso a Sanguñedo, Verea, a 774 m di altitudine, a 7,7 km da Celanova.

A igrexa de San Salvador de Sanguñedo é unha construción relixiosa construída a principios do século XVIII para constituír a parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea. A igrexa está situada no Campo de Outeiro.

Descrición

Este templo é un arquetipo da construción relixiosa galega rural do seu século. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva. Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos agudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararraios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado, e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito. En ourivería, destaca unha cruz do século XVIII, de Armesto e a custodía, do mesmo século, de Lizarra.

Contorna

A entrada principal da igrexa, así como do camposanto da cara ao campo do cura, á dereita desta entrada está plantado un ciprés. Pódese acceder ao recinto dende o Campo de Outeiro, onde está situado o Cruceiro do Campo de Outeiro.

Historia

A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX. Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. Entre os anos 1832 e 1833 a igrexa foi pintada, traballaron os frisos, achantaron e embaldosaron o chan, arranxaron a capela maior e substituíron a mesa do altar maior; tamén se fixo o cemiterio, limpando e chantando o adro e construíuse a casa da Igrés. No ano 1840 colocouse unha campá grande nova que pesa 12 arrobas e 4 libras castelás, substituíndo á anterior, de 9 arrobas menos 6 libras, que rompera.

Galería de imaxes

Outros artigos

Parroquia de Sanguñedo

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Chiesa

Dedicato a San Salvador

Altitudine del punto ≈ 774 m · Terrain Tiles

Paese più vicino Celanova, a 7,7 km

Abitanti del comune 971 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo