Chiesa

Igrexa de Santo André de Proente

A Merca · Ourense

Igrexa de Santo André de Proente

A igrexa de Santo André de Proente é o templo parroquial de Proente (A Merca), dedicado ao apóstolo André. == Características == O edificio actual é resultado de diferentes fases construtivas ao longo de varios séculos. A parte máis antiga conservada corresponde á capela maior, cuxa edificación se remonta aos séculos XVI e XVII. A capela está cuberta cunha bóveda estrelada, cuxos nervios descansan sobre ménsulas decoradas con relevos de rostros humanos. A nave principal, do século XVIII, ten cuberta de madeira. Na fachada hai unha inscrición relativa á ampliación da nave, co texto «Esta obra hizo Francisco Araujo y Blanco, año 1789». No interior hai un retablo maior xa mencionado no século XVIII. == Notas ==

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo