Isola

Isola di Toxa Grande

O Grove · Pontevedra

Isola di Toxa Grande

A illa da Toxa é unha pequena illa situada na ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino. Constitúe un lugar da parroquia de San Martiño do Grove, cunha poboación censada en 2016 de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o Instituto Galego de Estatística; o que representa un descenso substancial respecto ó ano 2010, cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta. == Historia == Na Idade Media contaría con abundantes salinas, mencionadas na documentación. Posteriormente foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar estes atractivos, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular do turismo e o nacemento doutras dotacións. == Topónimo == Isidoro Millán González-Pardo relaciona o topónimo con outros hidrónimos coma Teo, Tea e Te, que considera derivados dunha raíz hidronímica indoeuropea *TEKU. Segundo Edelmiro Bascuas o topónimo procede dos lodos existentes. Non obstante, Gonzalo Navaza indica que quizais sería un fitónimo da familia de toxo. A illa foi coñecida ata o século XIX como a illa do Louxo. Este topónimo mantense nas formas Enseada do Louxo e Praia do Louxo. Unha teoría filoloxicamente arriscada de Francisco Otero Goday faino proceder duns peixes chamados «ouxos» que abundaban na zona, de xeito que a orixinal «illa dos Ouxos» sería pronunciada «illa do-louxos» e evolucionaría finalmente na illa do Louxo. == Centro termal == Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico. Ten balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos (La Toja), hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo, o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral, o chamado Monte central. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos oriental e occidental), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa). == Capela == Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián, e San Caralampio, caracterizada por estar recuberta completamente de cunchas de vieira nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha. Existiu unha ermida anterior, datada do século XII, da que non queda memoria nin constancia da súa posible situación. A zona onde se levanta a actual capela, construída en 1909, eran unha salina ata que foi reenchida a principios do século XX . == Galería de imaxes == Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da illa da Toxa == Lugares e parroquias == === Lugares da parroquia do Grove === === Parroquias do Grove === == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Casino A Toxa Balneario da Toxa

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo