Isola
Illa de Santa Comba
Ferrol
A Illa de Santa Comba tamén coñecida como "Illa do Medio" é unha illa galega, situada na parroquia de Covas, na costa norte do concello de Ferrol. É unha illa alargada, de 5 hectáreas de superficie e completamente chaira. En realidade é unha antiga península que a erosión mariña, producida pola forza das ondas, separou da terra firme. Cando baixa a marea únese a terra por un estreito tómbolo de area, e cando esta sobe a illa queda dividida en tres porcións por angostas e profundas canles. Existe unha ermida consagrada a Santa Comba, cuxas orixes remóntanse ao século XII, é propiedade da Igrexa, e ao seu redor levouse a cabo unha importante escavación arqueolóxica onde se descubriu un antigo asentamento castrexo con forno de fundición de metal e unha necrópole altomedieval. == Historia == Na illa consérvanse os restos dun poboado castrexo con orixe na Idade do Ferro, con ocupación en época romana e alta medieval, segundo o arqueólogo, Alberto González, que participou nas escavacións que se levaron a cabo no sitio a principios do século XXI. Entre outros, estes traballos descubriron un dos fornos metalúrxicos máis antigos de Galicia. É posible observar practicamente en todos os cortes dos cantís das illas e na zona do antigo istmo abundantes estruturas, muros e quizais pavimentos que foron fracturados pola actividade erosiva do mar. Na zona de terra firme consérvase unha pequena testemuña dun posible parapeto construído de terra e pedra. A ambos os dous lados dúas profundas gabias fan pensar nun foso de reforzo do sistema defensivo. No lado N do parapeto e a unha cota baixa en relación co chan actual apréciase unha serie de muros construídos no interior deste foso. Este asentamento castrexo podería atoparse relacionado coa próxima mina de Cobarradeiras, posible explotación de orixe romana situada no marco do dominio do xacemento primario de ouro Valdoviño-Aranga. A localización peninsular posúe as características necesarias para o asentamento na mesma dun núcleo de poboación galaico-romano, como punto de control e comercio do mineral extraído, fácil defensa, cursos próximos de auga doce, comunicación sinxela cos vales interiores, acceso aos recursos pesqueiros e marisqueiros, perfectamente recoñecible desde o mar polos barcos e a presenza de amplas praias para varar os navíos. Coa chegada da cristianización, estes lugares "pagáns" adoitan sacralizarse mediante a construción de santuarios cristiáns, factor que puido influír na elección do lugar para situar a ermida. == Lenda == Segundo a tradición oral, santa Comba chegou á illa a bordo dunha barca de pedra, acompañada do seu fillo san Silvestre. Na illa consérvase unha pía pétrea que posiblemente se utilizase no pasado como faro, «facendo nela lume para orientar aos navíos», aínda que López Hermida asegura que «os entendidos» probaron que se trata dun antigo sarcófago. Intentaron trasladala varias veces pero nunca se deixou, pois din que canto máis trataban de movela, máis se afundía na terra. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === VV.AA. (2015). O Xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Embora. </ref>
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗