Isola
Illas Gaveiras
San Xurxo da Mariña · Ferrol · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Isola a San Xurxo da Mariña (Ferrol, A Coruña), a 8,5 km da Mugardos.
As Illas Gaveiras é un pequeno arquipélago galego situado na costa da parroquia de San Xurxo da Mariña, en Ferrol. O arquipélago está formado por dúas illas: a illa Gaveira de Terra e a illa Gaveira de Mar, aínda que en realidade ámbalas dúas están unidas por un cordón rochoso conformando unha illa soa. Na actualidade a illa atópase despoboada. Non obstante, existe evidencia da presenza de poboados castrexos, probabelmente en relación co castro de Lobadiz situado na costa en fronte das illas, a poucos quilómetro destas. Restos de cerámicas foron atopados nas illas, o que apoia á idea da presenza humana nas illas na antigüidade.
Xeoloxía
As dúas illas pertencen a diferentes idades xeolóxicas, o que lles proporciona diferentes cores. Gaveira de Terra, a máis achegada á costa, ten aproximadamente 0,06 hectáreas, e está formada polos mesmos materiais que os cantís costeiros. Porén, Gaveira de Mar, a máis afastada da costa, posúe unha característica cor negra, dada a súa orixe xeolóxica distinta, composta por rochas ígneas de minerais ultrabásicos cristalizados.
Fauna e flora
A poboación animal das illas é a típica da costa atlántica: gaivota patiamarela, corvo mariño cristado e aves infrecuentes nas costas galegas coma a gralla cerexeira, a gralla biquivermella, ou o anduriñón real (Apus melba), está última formando na illa unha das colonias máis importantes de Galicia. As illas teñen un carácter fortemente rochoso, polo que a vexetación é escasa. Gaveira de Mar é, de entre as dúas, a que presenta unha maior poboación de especias vexetais. Destacan as especies Lavatera arborea, a herba de mamorar ou o pirixel de mar.
Illas Gaveiras na cultura popular
Existe unha lenda na cultura popular ferrolá que di que na antigüidade existía unha ponte colgante que unía a costa ferrolá e o castro de Lobadiz coas illas.
Outros artigos
Castro de Lobadiz Arco Ártabro
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Arquipélago
Altitudine del punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Mugardos, a 8,5 km
Abitanti del comune 64.903 (2025) · IGE
