Punto di vista panoramico

Miradoiro de Cabezoás

Parada de Sil · Ourense

Miradoiro de Cabezoás

O miradoiro de Cabezoás é un punto de observación localizado na Ribeira Sacra, no concello ourensán de Parada de Sil. É un dos principais miradoiros do canón do Sil. == Descrición == O miradoiro localízase a carón da estrada, e oferta unha visión panorámica do meandro coñecido coma Coto das Boedas, un dos puntos máis profundos do canón. Aséntase sobre unha rocha de seixo de máis de 700 metros de altitude. Conta cunha pasarela de madeira que termina nunha plataforma con vistas ao río, arrodeada da vexetación propia da zona como castiñeiros, carballos e uceiras. == Notas ==

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Come arrivare

Sedia a rotelle

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo