Montagna
Monte Acibal
Rebón · Moraña · Pontevedra
Non c'è ancora una foto di Monte Acibal
Se ne hai una, caricala su Wikimedia Commons ↗ con le coordinate impostate e arriverà da sola su questa mappa e su qualsiasi altra che usi dati aperti. Oppure inviacela.
{{Location|42.52083|-8.60139}}
Montagna a España, a 573 m di altitudine, a 3 km da Santo Antoniño.
O monte Acibal é unha montaña galega, sita na área metropolitana de Pontevedra. Esténdese polos concellos de Barro, O Campo Lameiro e Moraña. Acada unha altura de 573 metros sobre o nivel do mar. Dende o seu cumio pódense observar as rías de Pontevedra e Arousa en día despexados. O terreo que circunda o Monte Acibal é abrupto e montuoso, porén, cara ao noroeste é chan. Este monte forma parte dos contrafortes da dorsal galega cara á costa, atopándose entre o val do río Lérez ao leste e a depresión meridiana ao oeste. O monte separa as concas dos ríos Lérez e Umia. Na súa aba suroeste atópase o encoro do Pontillón do Castro. A densidade de poboación nos arredores do monte é de 239 persoas por quilómetro cadrado, é dicir, atópase nunha zona densamente poboada. A gran cidade máis próxima ao monte é Pontevedra, a 10,6 km ao suroeste. A área ao redor do monte Acibal está case cuberta de bosque mixto. O clima é tépedo. A temperatura media é de 13 °C. O mes máis caloroso é xullo, con 21 °C, e xaneiro o máis frío, con 6 °C. A precipitación media é de 1,807 milímetros ao ano. O mes máis chuvioso é xaneiro, con 261 milímetros de choiva, e o máis seco é xullo, con 32 milímetros. Na década de 2020 proxectouse a construción dun parque eólico neste monte, porén as obras foron paralizadas por orde do TSXG por afectar negativamente ao patrimonio natural.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Montaña
Altitudine del punto ≈ 573 m · Terrain Tiles
Paese più vicino Santo Antoniño, a 3 km
Abitanti del comune 4139 (2025) · IGE
Vicino a questo luogo
Diga di Pontillón de CastroLago
Parque forestal de Pontillón de CastroArea protetta
Estación da PortelaStazione ferroviaria
Igrexa de San Pedro de RebónChiesa
Igrexa de Santa Mariña das FragasChiesa
Santuario da Virxe dos Milagres da AmilSantuario
Laxe da Rotea de MendoIncisione rupestre
Biblioteca Pública Municipal de BarroBiblioteca