Montagna
Monte Lobeira
András · Vilanova de Arousa · Pontevedra · 289 m
Foto: Pavlemadrid commons · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Montagna a España, a 289 m di altitudine, a 2,6 km dal Camiño Portugués Variante Espiritual.
O Monte Lobeira é unha montaña situada en András (Vilanova de Arousa). Ten 289 metros de altura, e está situada preto do mar, cun miradoiro no cumio desde o cal se aprecia a ría de Arousa cara ao oeste. A panorámica permite ver A Illa de Arousa, unha gran superficie do interior da provincia de Pontevedra, cara ao leste; a cara sur da Serra do Barbanza, na comarca de Barbanza cara ao norte; e as montañas e cidades da comarca do Salnés até a Illa de Ons, cara ao sur. O miradoiro apouséntase no lugar onde se erguía o Castelo de Lobeira, que permaneceu en posesión de monarcas españois na época medieval. A orixe de Lobeira está marcada por diversos sucesos acontecidos ao longo da historia xa que os séculos XI e XII destacan polo protagonismo do Castelo de Lobeira, onde a raíña Urraca decidiu asentarse cando procuraba a seguridade necesaria para Galiza. Cando a raíña rematou a súa función de defensa nestas terras, deixou tamén de ser residencia de reis, e a partir dese momento o castelo foi abandonado. En 1175, coa entrega do castelo á mitra compostelá e posteriormente ás mans de Xoán García Manrique foise deteriorando ao estar rodeado dun monte sen veciñanza nin poboación no seu ámbito; ao que se suma a febre destrutiva no século XV durante as loitas irmandiñas. Inda se pode observar algúns dos perpiaños que conformaban unha das torres da muralla, e conserva os alxibes onde se almacenaban víveres para as batallas; os restos da outra torre quedaron ocultos polas obras da localización da cruz, cuxa orixe é do ano 1896, para perpetuar a morte de tantas vítimas cobradas polo mar, acumuladas a través dos tempos [Cómpre referencia]. Accédese ao pé do miradoiro por vías forestais, para continuar ascendendo a través de escaleiras. Desde o alto pódese apreciar a vista explicada antes e tamén a súa cruz, unha cruz que culmina o miradoiro. Un pouco máis abaixo atópase o Faro da Lúa, un miradoiro de aceiro inoxidábel deseñado polo arousán Manolo Chazo, e que recibe ese nome por reflectir os raios do sol nas tres lúas situadas na súa parte máis alta. Esta montaña sufriu, ao igual que outros montes galegos, a vaga de incendios forestais de 2006. Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira .
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Montaña
Altitudine 289 m
Paese più vicino Vilagarcía, a 3,4 km
Cammino di Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 2,6 km
Abitanti del comune 10.182 (2025) · IGE
Vicino a questo luogo
Pazo do RialPazo (dimora signorile galiziana)
Castelo de LobeiraCastello
Pazo de RubiánsPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo BaiónPazo (dimora signorile galiziana)
Castro de AlobreVillaggio fortificato celtico
Estación de Vilagarcía de ArousaStazione ferroviaria
Praza de GaliciaPiazza
Estadio da LombaImpianto di calcio