Museo
Museo Municipal Quiñones de León
Castrelos · Vigo · Pontevedra · 45 m · 1937
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Museo a Castrelos (Vigo, Pontevedra), a 45 m di altitudine, a 60 m dal Camiño Portugués da Costa.
O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.
O pazo
O parque de Castrelos e o seu pazo pertenceron entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, desde Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até Fernando Quiñones de León e Elduayen, marqués de Valadares e de Mos. Casado con Marianne Wythe, finou sen descendencia aos 34 anos, deixando como herdeiro ao seu pai, Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, duque de Santo Magno e Conde de Vañuelas. Este, ao non ter netos, doou o parque e o palacio ao concello de Vigo. O concello indemnizou á viúva para que renunciase ao seu dereito usufructuario en xullo de 1934. O 9 de marzo de 1935 constitúese o primeiro padroado e abre ao público como museo o 22 de xullo de 1937.
Os xardíns
No exterior, a transformación da horta traseira do pazo a finais do século XIX, segundo parece coa firma lusa Jacintho de Mattos do Porto, ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, roseiras da parte superior, xardín francés, xardín inglés e bosque. Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das ventás, o racionalista: simétrico, estable e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da sebe de buxos. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns e pagodes a escala. Destaca o paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola en honor do estudoso deste xénero. Conduce cara ao viveiro e a cancha de tenis, que data da introdución deste deporte en Galicia cando na ría fondeaban cableiros ingleses. Asemade, atoparemos nesta zona estremeira do bosque unha liña dos eucaliptos plantados no ano 1872 e un orixinal pombal erguido sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras. Foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955 e dispón dun percorrido sinalizado en linguaxe braille.
A colección do museo
O pazo barroco inclúe salas de arqueoloxía e colección de pintura galega.
Arqueoloxía
A colección arqueolóxica abrangue desde o Paleolítico até a romanización de Galicia. Os achados da necrópole romana do Areal en 1953 propiciaron a fundación da sala naquela mesma década.
Pintura
O Museo Municipal Quiñones de León (no Pazo de Castrelos) comparte fondos coa Pinacoteca Francisco Fernández del Riego (na Casa de Arias Taboada), por ser ambos de titularidade municipal. Autores Do legado Policarpo Sanz: Jacobo de Baen, Banzo, Anthonie Beerstraten, Jacobus Andreas Beschey, Luis Leopoldo Boilly, Bezault, Luis Leopoldo Boilly, Lázaro Bruandet, Philippe Caresme, Aníbal Carracci, Juan Benedetto Castiglione, Carlos Cignani, Joosr Van Craesbeek, Antonio Jansz van Croos, Abraham Van Cuylemborch, Francisco Detroy, Francisco Detroy Juan, Francisco Devosge, Cristian Guillermo Dietricy, Carlos Dolci, Karel Dujardin En depósito do Museo do Prado: Francisco Antolinez y Sarabia, Agostino Caracci, Francisco Collantes, Antonio Alegri da Correggio En depósito do Museo de Arte Moderna: Leonardo Alenza y Nieto, Aureliano de Beruete Arte galega contemporánea mostrase na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego mediante exposicións temporais: Manuel Abelenda Zapata, Antón Abreu Bastos, Rafael Alonso Fernández, Manuel Aramburu Núñez, Serafín Avendaño, José Barreiro Gómez, A. Bezault, Virxilio Blanco Garrido, Tomás Bóveda Gómez, Abelardo Bustamante, Manuel Caballero García-Barba, Víctor Casas Julián, Alberto Castro Couso, Arturo Cifuentes Pérez, Manuel Colmeiro Guimarás, José Conde Corbal, Ventura Cores Trasmonte, Imeldo Corral González, María del Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Francisco Creo Rodríguez, Felipe Criado Martín, María Antonia Dans, Alberto Datas Panero, José Luis de Dios, Isaac Díaz Pardo, Juan Francisco Eliaerst, Juliana Estévez Álvarez, Virxilio Fernández, Antonio Fernández Gómez, Mario Fernández Granell, Emilio Fernández Rodal, José Fernández Sánchez…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Dati
Che cos'è Monumento
Inaugurato 1937
Gestito da Concello de Vigo
Tutela Ben de Interese Cultural
Altitudine 45 m
Paese più vicino Pereiró, a 509 m
Cammino di Santiago Camiño Portugués da Costa, a 60 m
Abitanti del comune 295.735 (2025) · IGE
Secondo (2024)
Come arrivare
Orari Tu-Fr 10:00-14:00 · Sa 17:00-20:00 · Su 11:00-14:00
Ingresso Gratuito
Telefono +34 986 29 50 70;+34 986 29 50 75
Indirizzo Pazo de Castrelos. Parque de Castrelos, s/n
Arrivare in autobus
- Pereiróa 466 mGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Pereiróa 468 mGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Praza As Travesasa 879 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
Concattedrale di VigoCattedrale
Mosteiro da Visitación das Salesas ReaisMonastero
Castelo de San SebastiánCastello
Fortaleza do CastroCastello
Pazo de San RoquePazo (dimora signorile galiziana)
Pazo de CastrelosPazo (dimora signorile galiziana)
Pazo de SensatPazo (dimora signorile galiziana)
Casa Torre de Ceta e ArinesPazo (dimora signorile galiziana)