Museo

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre do Campo Lameiro

O Campo · O Campo Lameiro · Pontevedra

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre do Campo Lameiro, museo en O Campo Lameiro

Foto: Froaringus · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Museo a O Campo (O Campo Lameiro, Pontevedra), a 252 m di altitudine, a 10,6 km da Cuntis.

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un dos catro centros pertencentes ó proxecto da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Dedicado á arte rupestre ao ar libre, está situado no concello do Campo Lameiro e abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Historia

O proxecto de creación do PAAR foi iniciado no 2002, coa presentación dun concurso de anteproxectos por parte do goberno de Manuel Fraga. A súa construción comezou no 2007, durante o goberno bipartito, e inaugurouno o 6 de xullo do 2011 o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Características do parque

Os gravados repártense entre os sitios de Paredes, Parada e San Isidro, Painceiros, As Fragas, A Lagoa / Fentáns e Caneda, sendo relativamente sinxelos de visitar. O parque comprende nove estacións rupestres cunha vintena de rochas gravadas nuns tres quilómetros de largura. En 1974 foron declarados Monumentos Histórico-Artísticos, e toda a área foi declarada Zona Arqueolóxica o 20 de xuño do 2002. O parque inclúe a reconstrución dun poboado da Idade de Bronce, un centro de interpretación de 5.000 m² con salas de proxección, exposicións, biblioteca e fondos.

Os petróglifos

Os petróglifos do lugar inclúen deseños xeométricos (cruces, círculos concéntricos, coviñas...) e naturalistas (cervos, cabalos, serpes...) propios da arte rupestre galega (que inclúe o Norte de Portugal) e que se integran dentro do grupo da vertente atlántica europea. No sitio pódense ollar algún dos petróglifos mellor conservados do Grupo Galaico de Arte Rupestre. As súas principais estacións son: Laxe da Forneiriña: inclúe a figura dun grande animal, xunto con diferentes representacións de cervos e círculos. Laxe dos Carballos: conxunto cuxo interese se centra na figura dun gran cervo hastado, cos ollos e a boca marcados. As súas patas adiantadas poden dar a idea de que estea tombado, o cal, xunto con que ten un gran número de lanzas cravadas no lombo, serían sinal de castigo ou morte. Ademais ten unha marca arredor do pescozo: ou ben atáronlle unha corda, ou ben como marca de dominación na caza, ou ben como cambio de cor na pelaxe. Xunto a este aparecen, entre outros gravados, combinacións circulares, aliñacións de coviñas ou outros cervos máis pequenos (dous deles debaixo do grande, tamén hastados). Outeiro dos Cogoludos: ten gravadas un bo número de figuras de suco moi visíbel, largo e fondo. Na banda dereira óllanse tres xinetes de a cabalo, dispostos verticalmente, mentres que na esquerda hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos. Tamén aparecen un ídolo e varios cervos, entre outras manifestacións. Outeiro das Ventaniñas: presenta os gravados máis sinxelos desta área e representan varias formacións circulares. Fonte da Pena Furada: ten varias pedras con gravados de cervos e círculos concéntricos. De especial importancia é o cervo hastado ao que se lle ten representado a boca e mailos ollos no mesmo plano. Outeiro da Pena Furada: o único conxunto deste ámbito con figuras labirínticas, e na súa proximidade hai outros gravados. Laxe dos Cabalos: consta de varias pedras gravadas con figuras de cervos e combinacións circulares. Salienta a que dá orixe á zona e que está formada por dous cabalos con cadanseus xinetes, dando a impresión de que están a disputar unha carreira.

Outros artigos

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Gestito da Xunta de Galicia

Detto anche PAAR

Altitudine del punto ≈ 252 m · Terrain Tiles

Paese più vicino Cuntis, a 10,6 km

Abitanti del comune 1659 (2025) · IGE

Come arrivare

Orari 10:00-18:00 · Su 10:00-15:00

Indirizzo Praderrei, Campo Lameiro

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo