Palazzo
Palazzo di Lourizán
Pontevedra
.jpg?width=640)
O Pazo de Lourizán é unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra. En 2025 foi declarado Ben de Interese Cultural. == Historia == No século XV este predio foi habilitado como "granxa" e pertencía á familia Montenegro. Desta época conserva o pombal ameado de planta circular. Na leira construíuse unha casa-torre fortificada na que Luis de Góngora pasou unha tempada en 1609 e escribiu unha parte do seu libro Soledades. No século XVII, a propiedade, coñecida como Granxa da Serra, era propiedade do Marquesado da Serra. Posteriormente tivo diferentes propietarios, comerciantes e empresarios. No século XIX, o pazo pertencía a Buenaventura Marcó del Pont Bori, tras compralo aos herdeiros de Francisco Genaro Anxo, irmán da súa esposa. Máis tarde converteuse en casa residencial e lugar de veraneo, cando residiu nela Eugenio Montero Ríos. En outubro de 1876 Montero Ríos alugou a propiedade e adquiriuna o 16 de maio de 1879. Naquela época a propiedade estaba moi preto da ría de Pontevedra e tiña embarcadoiro propio. Entre 1893 e 1894 levou a cabo a primeira gran reforma do pazo. Consistiu na creación dunha galería de madeira na á sur, que encerraba a capela do edificio. O pazo converteuse nunha residencia ostentosa con funcións representativas institucionais, ademais de espazo de vivenda, de lecer e recreativo. Nos seus salóns asinouse o Tratado de París tras a guerra cos Estados Unidos en 1898, na que España perdeu Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam. Sendo ao final do século XIX os salóns sociais dos pazos e mansións as principais galerías de arte en Pontevedra, o pazo de Lourizán, serviu tamén en 1898 de escenario á obra do pintor Ovidio Murguía. Eugenio Montero Ríos encargou ao arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez a completa remodelación do pazo a principios do século XX. O obxectivo foi converter o pazo nun gran palacete residencial imitando e superando en tamaño a tipoloxía dos hôtels particuliers á moda do estilo Segundo Imperio Francés. O proxecto de fachada data do 20 de febreiro de 1909 e integrou e harmonizou elementos de diferentes etapas construtivas para crear unha unidade arquitectónica. A remodelación deu ao pazo un novo aspecto, tanto no exterior como no interior. As obras comezaron en setembro de 1909 e terminaron en 1912. Na súa orixe as estatuas de mármore da grande escalinata central de acceso ao pazo conformaban a denominada avenida das estatuas, pero con esta gran reforma do edificio terminaron recolocándose na escalinata. Eugenio Montero Ríos viviu no pazo de Lourizán ata a súa morte en 1914. A Deputación de Pontevedra adquiriuno en 1943, comprándollo á Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e (unha quinta parte) á marquesa viúva de Alhucemas. Nese mesmo ano cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais. En 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes. O centro pasou a formar parte do Instituto Nacional de Investigacións Agrarias (INIA) en 1973 e en 1984 foi transferido á Xunta de Galicia. Desde 1991 está integrado na estrutura do Centro de Desenvolvemento Sustentábel da Consellería de Medio Ambiente. O Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galiza. O 19 de maio de 2023 o pazo pasou a ser propiedade da Xunta de Galicia, que o declarou Ben de Interese Cultural en abril de 2025. == Descrición == === O edificio === O edificio do pazo é de aire romántico e foi obra de Jenaro de la Fuente Domínguez. É un edificio ecléctico con influencias da Art Nouveau, o clasicismo e a arquitectura francesa do Segundo Imperio. A estrutura do pazo é simétrica, monumental e con predominio de volumes horizontais. Ten planta baixa e dous pisos. O corpo central ten forma de U con tres torres coroadas por mansardas francesas e tellado de lousa. A fachada ten columnas e pilastras xónicas. A parte central está realzada por un brasón e un reloxo, no lugar do escudo que locen os pazos galegos.…
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Lourizána 420 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A.
- Lourizána 430 mMarín-Praza de Galicia (marquesiña) · Marín-Residencia Montecelo · Pontevedra E.A.-Aguete (praia) · CEIP A Carballeira-A Ruibal (ponte autoestrada)
- A PASTORAa 440 mCEIP A Carballeira-A Ruibal (ponte autoestrada) · CEIP A Carballeira-A Ruibal (ponte autoestrada)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.