Ponte
Ponte de Brandomil
Zas · A Coruña
%20-%20panoramio.jpg?width=640)
A ponte de Brandomil é unha ponte de pedra altomedieval que se atopa no lugar de Brandomil, na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas.
Historia
Ao parecer, no lugar de Brandomil (topónimo de orixe sueva) en época romana existía un importante cruzamento de vías que comunicaba o norte da Gallaecia coa costa Finisterrae e o sur. A coñecida vía Per Loca Marítima (vía XX do itinerario de Antonino) pasaría polo lugar. Xusto á beira da ponte existía un castro galaico que daría lugar a un posterior asentamento romano, cunha casa-vila romana Grandimiro (Claudomerius), pertencente ao itinerario IV de Antonino. Os romanos tiveron interese en se asentar nesta zona polas próximas minas de estaño do lugar de Limideiro. Isto xustifica a construción dunha ponte sobre o río Xallas. A inicial ponte romana, da que non quedan restos, sería modificada arredor do século XI ou XII, canto toma a feitura que se conserva. No século XVIII foi lixeiramente reforzada. En 1989 o arco central derrubouse tras unha forte riada.
Descrición
Feita en cantaría de granito, nada fica da súa orixe romana. A ponte actual ergueríase sobre a antiga arredor do século XI ou XII. Consta de catro arcos de volta perfecta, tres deles cunha luz de 8,20 m, o cuarto máis pequeno. Os dous arcos centrais, sobre o río, teñen rosca dupla cuns 20 cm de beiril. As bóvedas e os tímpanos son de perpiaño. Os tallamares son triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo. Estes chegan até arriba formando apartadoiros. Consérvanse ben os peitorís e un treito de calzada. Atópase en bo estado de conservación, xa que existe unha ponte paralela para o tránsito rodado.
Galería de imaxes
Outros artigos
Brandomil, Zas Río Xallas
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- BRANDOMILa 264 mA Picota (centro saúde)-Brandomil · A Picota (centro saúde)-Brandomil · Santa Comba-Quintáns · Santa Comba-Quintáns
- BRANDOMILa 504 mSantiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Muxía (porto)
- A Calabandaa 514 mSanta Comba-Quintáns · Santa Comba-Quintáns
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.