Ponte
Ponte de Ponte Sampaio
Soutomaior · Pontevedra · 1100
A ponte de Ponte Sampaio é unha ponte medieval que cruza o río Verdugo localizada entre a parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra e a parroquia de Arcade no concello de Soutomaior. == Historia == A ponte está construída sobre unha cimentación romana. As primeiras referencias a esta ponte datan dos séculos X-XI, cando se chamaba "Ponti Sancti Pelagli de Lutto" (Ponte de San Paio de Lodo) e era propiedade dos condes de Borgoña. A mítica fortaleza de San Paio de Lodo estaba situada preto desta ponte, o lugar onde loitaron os exércitos de Doña Urraca e o arcebispo Xelmírez. En 997, Almanzor cruzouna destruíndo a fortaleza que a defendía. Calquera que quixera cruzar o río pola ponte tiña que pagar unha peaxe, pero grazas ao arcebispo compostelán Diego Xelmírez isto rematou no século XII. A ponte foi testemuña da batalla de Ponte Sampaio contra a invasión francesa, que tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 con intenso lume de canón a ambas as beiras do río Verdugo e na que se derrotou aos franceses. == Descrición == É unha ponte de pedra de 144 metros de lonxitude e dez metros de ancho. Conta con dez arcos apuntados de media punta entre os que se sitúan grandes tallamares. Ten un peitoril de pedra e presenta profundas modificacións e reconstrucións levadas a cabo nos séculos XVI e XVIII. A ponte forma parte da estrada PO-264 e pertence á rede de estradas da Xunta de Galicia. Pola ponte pasa o camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela. == Cultura == Na praza de España da cidade de Pontevedra atópase o monumento aos heroes de Ponte Sampaio. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla de 1809. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 88-89. ISBN 978-8482890852. === Outros artigos === Ponte do Burgo Ponte de Santiago Ponte da Barca, río Lérez Ponte dos Tirantes Ponte das Correntes === Ligazóns externas === A ponte medieval de Ponte Sampaio na páxina web de Turismo de Galicia A ponte na páxina web de Turismo Rías Baixas Arquivado 17 de novembro de 2022 en Wayback Machine.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Pontesampaio (centro saúde)a 335 mAvda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén
- CEIP de Ponte Sampaioa 336 mArcade (Abanca)-Paredes arriba · IES de Soutomaior-Paredes arriba · IES de Soutomaior-Acevedo · Arcade (Abanca)-O Rañadoiro · Arcade (Abanca)-Paredes arriba
- Arcade (Abanca)a 339 mAvda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén · CEIP Manuel Padín-Arcade (Abanca) · CEIP Manuel Padín-Arcade (Abanca)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.