Porto
Porto de Vigo
Vigo · Pontevedra

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo. Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia. En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente. == Historia == A tradición da construción de buques comezou co século XX, coa aparición dos primeiros botes de pesca a vapor. Un destes modernos modelos, coñecidos como Vigo type steamer, foi moi popular en toda a costa da Península Ibérica e do norte de África, sendo construídos centos de exemplares. Outro momento decisivo do desenvolvemento foi nos anos 60, cando os novos buques conxeladores, que revolucionaron a industria pesqueira, se comezaron a construír. Os estaleiros de Vigo sempre foron líderes na construción de buques pesqueiros e un constante punto de referencia. == Estrutura == Está dividido do seguinte xeito: Terminal de Bouzas: divídese en dúas zonas: a destinada ó tráfico ro-ro, e o peirao de reparacións. Peiraos de Beiramar e O Berbés, destinados ó atraque de barcos pesqueiros de altura e baixura. Peirao de Cruceiros Alberto Durán Núñez. Peirao deportivo. Peiraos do Areal: comercial e transversal. Suman máis de 1.500 metros de lonxitude, destinados a carga xeral e fluídos. Teñen conexión ferroviaria. Terminal de Guixar: Peirao de 769 metros de lonxitude destinado ó tráfico de contedores, con conexión ferroviaria. == Gobernación == O porto de Vigo está gobernado pola Autoridade Portuaria de Vigo, independente do ente Portos de Galicia. O seu presidente, designado directamente polo goberno da Xunta de Galicia, é Rubén Marín Gallego desde 2025. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën Provincia marítima de Vigo Porto da Coruña Porto de Ferrol === Ligazóns externas === Páxina oficial do Porto de Vigo Arquivado 07 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Rúa Camelias 6a 503 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
- Náuticoa 521 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
- Praza Porta do Sola 623 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.