Spiaggia

Praia de Rochas Brancas

Ribadeo · Lugo

A praia de Rocas Brancas, ou das Rochas Brancas, é unha praia da parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo. Está situada na enseada formada pola desembocadura do río de Vilaselán no mar Cantábrico, moi preto da illa Pancha. == Características == Cunha lonxitude de 115 m e unha anchura media de 12 m, está protexida do vento polo cantil oriental da pequena península á beira do faro da illa Pancha. Secasí, a súa area branca e fina está bañada por ondas moderadas. Non dispón de bandeira azul, equipo de salvamento, duchas nin opcións de hostalería. Existen papeleiras en diversos puntos dela para a recollida do lixo e sinalización do estado do mar. Hai lugares para aparcadoiro a menos de 500 m, o que fai que teña un grao de ocupación medio. A situación global da praia é de carácter rústico e pode ser catalogada como virxe. == Véxase tamén == === Outros artigos === Praias da provincia de Lugo

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo